Monte Bulusán

volcán activo na illa de Luzón, nas Filipinas

Coordenadas: 12°46′N 124°03′L / 12.77, 124.05

Monte Bulusán
Elevación: 1.559 m
Localización: Filipinas
Cordilleira: cadea volcánica Bícol
Tipo: Estratovolcán
Última erupción: 1995

O Monte Bulusán é un volcán activo ao extremo sueste da Illa Luzón, na Provincia de Sorsogon, Rexión de Bícol, Filipinas. É un estratovolcán. O cráter do volcán ten unha altitude de 300 m (1.000 pés) de diámetro con numerosos fluxos de lava polos lados. Hai tres cráteres do lado suroeste; os máis baixos son lagos. As illas de Masbate e Ticao están ao suroeste. Bulusán entrou en erupción polo menos 13 veces desde 1886, a última vez en 1988.

O volcán forma parte da cadea volcánica Bícol que se estende desde o norte de Camarines até o norte de Sorsogon no sur. Esta cadea é frecuentemente denominada cinto volcánico; está composta por volcáns activos e xeoloxicamente novos, probabelmente relacionados coa falla de Filipinas. Bulusán está rodeado de varios cumes, como o Monte Homahan, o Monte Binactan, o Monte Batuan, o Monte Xuban, o Monte Calaunan, o Monte Tabon-Tabon, o Monte Calungalan e o Monte Xormaxan.

Actividade recente editar

  1. En abril de 1981 houbo oito días de movementos telúricos e explosións.
  2. A finais de xuño de 1983.
  3. Entre 1985 e principios de 1987
  4. Pequenas erupcións entre febreiro e marzo de 1988. Alto nivel de movementos telúricos entre abril e agosto de 1988
  5. Erupcións freáticas entre novembro de 1994 e xaneiro de 1995.

Fontes editar

  1. Monte Bulusán
  2. Smithsonian's SEAN Bulletin (V. 8, No. 6 to V. 13, No. 8)
  3. Global Volcanism Network (V. 19, No. 11 to V. 20, No. 1).