Montañas do País Vasco

O País Vasco caracterízase pola súa xeografía montañosa. A meirande parte das cordilleiras atópanse no eixo leste-oeste do territorio. As formacións máis importantes están compostas de pedra calcaria, pero tamén as hai doutros materiais, como o Aiako Harria, composto completamente de granito.

Modelo:Xeografía físicaMontañas do País Vasco
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Montaña Ailuitz, Biscaia.
Vista do monte Txindoki dende Lazkaomenditik (Lazkao).

Os montes máis altos do País Vasco están nos Pireneos, sendo a Mesa dos Tres Reis a máis alta. Esa cordilleira nace dende o mar e vai medrando e subindo cara ao leste, sendo a Orhi o primeiro monte por enriba dos 2.000 metros.

No sur de Áraba e Navarra está o límite oriental do Cordal Cantábrico. As serras de Kodes e Toloño forman parte da Cordilleira Cantábrica.

Entre esas dúas cordilleiras importantes están os Montes Vascos, que teñen tamén unha orientación leste-oeste. Destacan entre outras as montañas de Urbasa, a Serra de Andia, a Serra de Aralar, os montes de Anbotoko, os montes de Ordunte e o Aizkorri.