Abrir o menú principal

Monster

filme de 2003 dirixido por Patty Jenkins

Monster é un filme estadounidense dirixido por Patty Jenkins que foi estreado no 2003. Está baseado na vida da asasina en serie Aileen Wuornos, unha prostituta que foi executada en Florida no 2002 por matar seis homes (ela non foi acusada por un sexto asasinato) a finais da década de 1980 e principios dos noventa. Wuornos foi interpretada por Charlize Theron e a súa amante ficticia, Selby Wall (baseada na amante real de Wuornos, Tyria Moore), foi interpretada por Christina Ricci.

Monster
Ficha técnica
Título orixinalMonster
DirectorPatty Jenkins
ProdutorCharlize Theron
Mark Damon
Clark Peterson
Donald Kushner
Brad Wyman
GuiónPatty Jenkins
Baseado enFeitos reais
IntérpretesCharlize Theron
Christina Ricci
Bruce Dern
Lee Tergesen
Annie Corley
MúsicaBT
FotografíaSteven Bernstein
MontaxeArthur Coburn
Jane Kurson
EstudioMedia 8 Entertainment
DEJ Productions
DistribuidoraNewmarket Films
Estrea2003
Duración109 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$8 000 000[1]
Recadación$60 378 584

ArgumentoEditar

O filme narra a historia de Aileen Wuornos (Charlize Theron), unha prostituta autora de seis asasinatos, incluído un policía. Aileen sempre declarou que matou en defensa propia, en resposta a violentos ataques mentres traballaba. Ó bordo da desesperación e do suicidio, coñece un día nun bar de Florida a Selby Wall (Christina Ricci), unha xove lesbiana, que fora enviada polos seus pais a vivir coa súa tía para "curar a súa homosexualidade". Wuornos, vítima dunha tráxica infancia chea de abusos, rapidamente se namora de Selby, atopando nela unha razón para vivir. Incapaz de encontrar un traballo digno e desesperada por manter a súa nova relación, Wuornos continúa traballando como prostituta. Cando un dos seus clientes estaba a piques de matala brutalmente, ela dispáralle en defensa propia, comezando así unha tráxica cadea de asasinatos.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2003: Oscar: Mellor actriz (Charlize Theron).
  • 2003: Globo de Ouro: Mellor actriz de drama (Charlize Theron).
  • 2004: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor actriz (Charlize Theron).
  • 2004: Nomeada Premios BAFTA: Mellor actriz (Charlize Theron).
  • 2003: National Board of Review: Mellor actriz.

NotasEditar

Véxase taménEditar