Mono (grupo musical)
Mono é unha banda xaponesa de post-rock formada en 1999 en Toquio. Os seus membros son Takaakira Goto (guitarra), Yoda (guitarra), Tamaki Kunishi (baixo, guitarra, piano e glockenspiel) e Yasunori Takada (percusión, glockenspiel e sintetizador).
Mono | |
---|---|
Orixe | Toquio, Xapón |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | post-rock, rock instrumental |
Selo(s) discográfico(s) | Tzadik Records Music Mine Vynil Records Temporary Residence |
Membros | Yoda Takaakira Goto Tamaki Kunishi Yasunori Takada |
Na rede | |
http://www.monoofjapan.com/ | |
Até estes momentos[cando?] Mono publicou cinco álbums de estudio. Pasaron os seus primeiros anos de existencia dando concertos por Asia, Europa e América e publicaron dous álbums, Under the Pipal Tree (2001) e One Step More and You Die (2002) en Tzadik Records e Music Mine respectivamente.
De 2004 a 2007, Mono firmou con Temporary Residence Limited e publicou dos álbums máis: Walking Cloud and Deep Red Sky, Flag Fluttered and the Sun Shined (2004) e You Are There (2007), coas súas correspondentes xiras de promoción. En 2008, a banda tomou un descanso que durou un ano até a súa seguinte obra, Hymn to the Immortal Wind (2009).
O estilo da banda está influído polo shoegaze e o rock experimental, así como polo clasicismo e a música clásica contemporánea, con trazas de minimalismo. O son de Mono caracterízase polo uso da reverberación, a distorsión e o delay nas guitarras de Goto e Yoda. As actuacións en público do grupo acostuman a seren intensas, tanto na súa maneira de tocar como no se dinamismo.
Historia
editarMono fúndase en Toquio en outubro de 1999 con tres membros: Goto e Yoda nas guitarras, e Takada na batería. En xaneiro de 2000 celebran o seu primeiro gran concerto e dous meses despois úneselles Tamaki no baixo.
En setembro de 2000 editan o seu primeiro EP: Hey, You e tocan antes de que acabe o ano no Mercury Lounge de Nova York. Na primavera de 2001 participan no festival SXSW de Texas. En novembro editan Under the Pipal Tree, no selo de John Zorn, co que tocan tanto en Estados Unidos como en Suecia, sendo a súa primeira actuación en directo en Europa.
En 2002 editan One Step More and You Die e volven a tocar no SXSW, antes de comezar a súa primeira gran xira por USA con 22 concertos.
Desde o seu terceiro disco os lanzamentos xa se producen a nivel internacional, producíndose así en 2005 a súa primeira xira por Europa.
En 2006 editan You Are There no Xapón, Corea, Europa e EEUU. O produtor deste terceiro traballo é Steve Albini (Nirvana, Pixies, Zao).
Reedítase o seu segundo traballo en Europa e América, en maio e xuño viaxan polos Estados Unidos con Pelican (cos que teñen un split EP) e en xullo xiran de novo por Europa.
En setembro editan no selo norteamericano Temporary Residence un disco en colaboración con World's End Girlfriend, proxecto que opta máis pola electrónica, o CD Palmless Prayer - Mass Murder Refrain, cun son menos post rock e máis ambiental.
En setembro de 2007 o selo norteamericano publica a colección de rarezas titulada Gone e no Xapón o seu primeiro DVD, The Sky Remains The Same As Ever, dirixido por Teppei Kishida.
Coincide cunha nova xira norteamericana, anunciada como a última antes de retirarse dos escenarios para preparar un novo disco para 2008. Tras actuar xunto a Envy no décimo aniversario da sala Liquid Room de Toquio, finalmente anuncian unha nova xira europea durante o mes de novembro e un último concerto no Xapón.
Discografía
editarAno | Título | Formato | Selo | Notas |
---|---|---|---|---|
2000 | Hey, You | EP | ||
2001 | Under the Pipal Tree | CD | ||
2003 | One Step More and You Die | CD | ||
2004 | New York Soundtracks | CD | Remestura de One Step More and You Die | |
2004 | Walking Cloud and Deep Red Sky, Flag Fluttered and the Sun Shined | CD | Temporary Residence | |
2005 | Mono/Pelican | Split EP | ||
2006 | You Are There | LP | Temporary Residence | |
2006 | Memorie dal futuro | Single | Vynil Records | |
2006 | Palmless Prayer - Mass Murder Refrain | LP | Temporary Residence | En colaboración con World's End Girlfriend |
2007 | Gone | LP | Temporary Residence | |
2007 | The Sky Remains the Same As Ever | DVD | Dirixido por Teppei Shikida | |
2009 | Hymn to the Immortal Wind | LP | ||
2012 | For My Parents | CD | ||
2014 | The Last Dawn | CD | ||
2014 | Rays of Darkness | CD | ||
2016 | Requiem for Hell | CD | ||
2019 | Nowhere Now Here | CD | ||
2021 | Pilgrimage of the Soul | CD | ||
2022 | Scarlet Holliday | EP | ||
2024 | Oath | CD |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mono |
- Web oficial de MonoArquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Arquivo de temas en directo (en inglés)
- Comentario de You Are There en muzike.org (en castelán)
- Entrevista en PORTALALTERNATIVO.com (en castelán)