Monneron é o apelido dunha familia francesa relevante na fin do século XVIII nos ámbitos comercial, financeiro e político.[1][2][3]

Monneron Frères Negociants
–Banque Monneron–
Pierre Antoine, Charles Claude e Jean Louis Monneron nun gravado de finais do século XVIII.

Monneron de 5 soldos de 1791.

Fundación1791
LocalizaciónParís
Francia
FundadorFamilia Monneron.
Persoas clavePierre Antoine, Charles Claude e Jean Louis Monneron.
IndustriaBanca e investimentos.
editar datos en Wikidata ]

Tres dos seus membros fundaron a compañía Monneron Frères Negociants, no sector da banca e os investimentos, que emitiu as primeiras moedas de necesidade de Francia, coñencidas no ámbito numismático como monnerons.[3][4]

A familia editar

Esta familia era orixinaria da vila de Empurany, departamento de Arnéche, na rexión francesa de Auvernia-Ródano-Alpes, aínda que se estableceu en Chanas, Isère, despois de 1550. Antoine Monneron (1703-1791), un comerciante de sal nado nesta última vila, e a súa esposa, Barbe Catherine Arnault (1718-1792), tiveron unha vintena de fillos, dos que polo menos oito morreron nos primeiros anos. Antoine, que era membro da Loxa da Verdadeira Virtude, chegou a ser avogado no Parlamento de Antibes, nos Alpes Marítimos, e Controlador Xeral de Granxas do Rei.[1][5][6][7]

Os irmáns Monneron editar

Estes son os fillos de Antoine Monneron e Barbe Catherine Arnault dos que se coñecen datos:[6][7][8]

 
Carta de Luis Monneron sobre o Decreto do 15 de maio de 1791 en favor dos "homes libres de cor".

Varios dos irmáns ligaron o seu destino á incipiente República Francesa e á súa historia política, financeira e comercial.[8]

O máis vello, Charles, membro como o seu pai da Loxa da Verdadeira Virtude, foi o primeiro intendente xeral da Compañía Francesa das Illas Orientais. Logo da proclamación dos Estados Xerais, o reino entrou en dificultades orzamentarias e os tres irmáns máis vellos amosaron as súas intencións de xogar un papel político como representantes dos intereses económicos de Francia en ultramar.[8]

Convertidos en membros da burguesía mercantil e colonial, Charles Claude, Pierre Antoine e Jean Louis foron elixidos representantes, en abril de 1789, na asemblea que se debía reunir para os Estados Xerais. Representaban respectivamente, para o Terceiro Estado, as xuridicións de Annonay, a colonia de Illa de Francia e as Indias Orientais, e foron confirmados nos seus postos o 9 de xullo tras a constitución da Asemblea Nacional Constituínte. En 1792 presentaron a súa dimisión como consecuencia dunha operación financeira.[8]

Monneron Frères Negociants (Banque Monneron) editar

 
Papel de banco emitido o 21 e o 23 de novembro de 1800 logo da fusión entre o Banco de Francia e a Caisse des Comptes Courants.

Os tres deputados monneron asociáronse para constituíren unha compañía con sede en París, que denominaron Monneron Frères Negociants, coñecida tamén como Banque Monneron, coa que fixeron contratos coa Convención, e estableceron sucursais polas principais vilas de Francia. Esta compañía xogou un importante papel nas finanzas francesas da época e os tres irmáns chegaron a fundar unha institución bancaria, a Caisse des Comptes Courants, que acabou por se fusionar co Banco de Francia en 1800.[9]

Porén, unha serie de operacións sen éxito deu cos negocios dos Monnerón na ruína, en marzo de 1792, e coa fuxida de Pierre Antoine.[1]

As moedas "monneron" editar

 
Anverso do monneron de 5 soldos de 1972.
 
Reverso da mesma moeda.

Os irmáns Monneron encargaron a Matthew Boulton a fabricación en Inglaterra de moedas con valores de dous e de cinco soldos (sols) no seu taller de Soho, en Birmingham, en 1791, aproveitando as posibilidades que outorgaba a nova máquina de vapor de James Watt. O deseño das moedas de cinco soldos e o gravado dos seus cuños correu a cargo de Augustin Dupré, e o das de dous soldos a cargo de Ponton, en tanto que do proceso de cuñaxe se ocupou Jean Pierre Droz.[4][10]

Estas moedas de necesidade tiñan como misión suplir a escaseza de circulante de valores baixos en cobre que reinaba na Francia da época, e a súa calidade tanto técnica como estética superou con moito as mediocres cuñaxes oficiais.[4]

Mediante unha comisión, os irmáns Monneron propuñan cambiar as súas moedas (que denominaban "moedas de confianza") contra assignats (o papel moeda emitido pola Asemblea Nacional durante a Revolución) consonte un baremo invariable de 50 libras tornesas[11]. Mais o seu exceso de confianza nas emisións de assignats revolucionarios e a súa rápida desvalorización deixounos cun enorme stock de assignats, en tanto que a poboación acumulaba as moedas, á medida que o cobre ía escaseando. Os Monneron cuñaran unha tiraxe de varios millóns de exemplares en Inglaterra, para o que tiveran que desembolsar importantes cantidades de diñeiro efectivo en ouro e en prata, o que trouxo consigo unhas perdas de tal envergadura que acabaron por provocar a creba.[4]

Tras a bancarrota de marzo de 1792 e a conseguinte fuxida de Pierre Antoine, o seu irmán Augustin intentou retomar estas emisións, mais unha lei do 3 de maio dese mesmo ano prohibiu a circulación de calquera tipo de moeda privada, o que se viu confirmado despois cun decreto do 3 de setembro que impedía a circulación de moedas de confianza. Nesta conxuntura, os monneron acabaron a súa circulación na fin de 1793.[4][12][13]

Tipoloxía das moedas editar

 
Anverso, reverso e canto dun monneron de 5 soldos de 1792.

Á parte das sinaladas nas seguintes táboas, existen pequenas variantes de cuño e ensaios destas mesmas moedas noutros metais, así como probas doutros deseños, mesmo con valor dun soldo, algunhas delas supostamente de época posterior. Ningunha desas probas e ensaios chegou a fabricarse en serie nin, xa que logo, a circular.[14]

As moedas de dinco soldos teñen un diámetro de 40 mm e un peso que oscila entre 30 g e 33 g. O diámetro das de dous soldos é de 32 mm e o seu peso entre 17 e 18 g.[14]

Moedas de 5 soldos
Data Motivo principal Lenda do anverso Lenda do reverso Canto Notas
1791 A/ Pacto federativo.[15] VIVRE LIBRE OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / XIII JUILLET MDCCXC MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTE DEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARD Dúas variantes segundo a posición da data.
1792 A/ Pacto federativo VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790 MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS REEMBOURSABLE EN ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTE DEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARD Variante con L'AN IV no reverso e DEPARTEMENS DE PARIS RHONE LOIRE DU GARD no canto.
1792 A/ Pacto federativo VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790 REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉ BON POUR LES 83 DEPARTEMENTS Variante con DEPARTEMENS no canto.
1792 A/ Pacto federativo VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790 REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉ LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR A disposición en liñas do texto do reverso difire do modelo anterior.
1792 A/ Hércules LES FRANÇAIS UNIS SONT INVINCIBLES / L'AN IV DE LA LIBERTÉ REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND CINQ - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR
Moedas de 2 soldos
Data Motivo principal Lenda anverso Lenda reverso Canto Notas
1791 A/ Liberdade sedente LIBERTE SOUS LA LOI / L'AN III DE LA LIBETRTÉ MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS / MEDAILLE DE CONFIANCE DE DEUX SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS (data) BON POUR BORD. MARSEIL. LYON. ROUEN. NANT. ET STRASB.
1792 A/ Liberdade sedente LIBERTE SOUS LA LOI / L'AN IV DE LA LIBETRTÉ REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND DEUX SOLS A PARIS CHEZ MONNÉRON PATENTÉ LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR
1792 A/ Hércules.

R/ Pirámide.

LA SAGESSE GUIDE SA FORCE / LA FIN DU DESPOTISME RESPUBLICA GALLICA ANNO 1MO LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Frères Monneron, histoire d'une faillite...". En Infonumis. Le sote de la numismatique française moderne 1789-2001.
  2. "Les Monneron". En Bouchary, J. (1939). Tomo III.
  3. 3,0 3,1 "Monnerons Issued! Arquivado 07 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En SohoMint.info.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Monneron". En Infonumis. Le site de la numismatique française moderne 1789-2001.
  5. O "Parlamento" no Antigo Réxime de Francia era unha especie de tribunal superiore de xustiza provincial. Véxase: Saint-Bonnet, F. (2010). "Le contrôle a posteriori : les parlements de l'Ancien Régime et la neutralisation de la loi". En Cahiers du Conseil Constitutionnel. Nº 28.
  6. 6,0 6,1 Bergeron, L. (1999). Páxinas 49, 88, 91, 93, 118, 274, 326, 337-338.
  7. 7,0 7,1 Árbore xenealóxica da familia Monneron. En Geneanet.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Frères Monneron". En Portraits d'Ardéchois.
  9. "La Caisse des Comptes Courants". En Les dirigeants de la Banque de France sous le Consulat et l'Empire. Cambaceres.fr
  10. Torres, J. (2012). "Auge y caída de la acuñación a volante. Jean-Pierre Droz y Philippe Gengembre". En Revue Numismatique. Nº 168. Páxinas 326-333.
  11. A libra tornesa era unha moeda de conta francesa equivalente a 240 diñeiros ou 20 soldos, que se deixou de usar coa imposición do franco. Véxase: Wailly. (1857). Mémoire sur les variations de la livre tournois. Impr. Impériale. París. Páxina 222.
  12. "Décret du 3 setembre 1792 qui défend a tout particulier de fabriquer ou faire fabriquer des monnais de métal telles que médailles de confiance...".
  13. "Monnerons Banned! Arquivado 07 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". En SohoMint.info.
  14. 14,0 14,1 "Récapitulatif et cotes des monnerons les plus courants". En Infonumis. Le site de la numismatique française moderne 1789-2001.
  15. Celébrase o xuramento da Festa da Federación do 14 de xullo de 1790, que conmemora a Toma da Bastilla.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar