Monas (xénero)
Monas (xénero) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Monas é un xénero de crisofíceas, descrito por Otto Friedrich Müller en 1773 como un grupo de infusorios. Co tempo, acabou por representar un xénero agregado.
Historia taxonómica
editarA este xénero foron transferidos moitos organismos, pero a maioría das especies de Monas foron despois sinonimizadas ou integradas noutros xéneros. Os organismos unha vez asignados a Monas realmente pertencían a diversos grandes grupos de liñaxes eucariotas (Opisthokonta, Amoebozoa, Rhizaria, Archaeplastida, Stramenopiles, Alveolata, Cryptophyta, Excavata), e incluso a liñaxes procariotas.[2]
O xénero foi tamén incluído noutros grupos, como en Mastigophora ou Flagellata. A práctica actual é o uso (cuestionable) de sinónimos, baseándose en semellanzas morfolóxicas, dos nomes xenéricos Monas (principalmente usado na literatura do leste de Asia) e Spumella (usado como sinónimo na literatura europea e americana) como biflaxelado non pigmentado en Chrysophyceae. Porén, hai un conflito entre as investigacións morfolóxicas e moleculares. O taxón actual Monas/Spumella segue sendo polifilético e comprende polo menos cinco liñaxes, e as probas sobre a identidade da especie tipo de Monas perdéronse.[2]
Este problema na circunscrición de grupos, usando o concepto de especie morfolóxico (ou taxonómico) práctico ou o concepto de especie biolóxico (baseado no grao de semellanza molecular), tamén aparece na taxonomía doutros microorganismos,[3] como outros flaxelados (por exemplo, Bodo, Cercomonas)[2] e microalgas (por exemplo, Chlorococcales).[4]
Notas
editar- ↑ Guiry, M.D. & Guiry, G.M. 2014. AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. http://www.algaebase.org/search/genus/detail/?genus_id=44073; acceso 13 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Boenigk, Jens (2008). "The Past and Present Classification Problem with Nanoflagellates Exemplified by the Genus Monas". Protist 159 (2): 319–337. PMID 18321779. doi:10.1016/j.protis.2008.01.001.
- ↑ Lahr, D. J.; Laughinghouse, H. D.; Oliverio, A. M.; Gao, F.; Katz, L. A. (2014). "How discordant morphological and molecular evolution among microorganisms can revise our notions of biodiversity on Earth". BioEssays 36 (10): 950–959. PMC 4288574. PMID 25156897. doi:10.1002/bies.201400056.
- ↑ Krienitz, Lothar; Bock, Christina (2012). "Present state of the systematics of planktonic coccoid green algae of inland waters" (PDF). Hydrobiologia 698 (1): 295–326. doi:10.1007/s10750-012-1079-z.