mollo de peixe é un condimento derivado do peixe fermentado. O termo emprégase para describir un amplo rango de produtos empregados en diferentes cociñas do Sueste Asiático e emprégase engadida a algúns pratos fundamentalmente como un ingrediente de propiedades semellantes ó sal. O mollo de peixe é moi popular na cociña vietnamita. Na cociña chinesa do sur emprégase como un aceite de cociña, ou como un ingrediente para a elaboración de sopa. En Europa, baixo o Imperio romano chegouse a consumir o garum que era un mollo moi semellante.

Mollos de peixe.

Tipos de mollos de peixe

editar

Algúns mollos de peixe fanse de peixe cru, outros de peixe seco, algúns de só certas especies; outro adoitan ser os restos dos peixes atrapados na rede, ás veces inclúense moluscos; algúns dun só tipo de peixe, outros só do sangue e/ou vísceras do peixe. Algúns mollos conteñen só sal e peixe e outras conteñen ademais unha variedade herbas e especias. Existen mollos de peixe que foron fermentadas só un pouco para que permaneza o intenso aroma a peixe e hai aquelas que tras unha prolongada fermentación xa só teñen un aroma a noces e un sabor a queixo.