O molcaxete (náhuatl: mulcazitl ou molcaxitl; literalmente, "cunca para salsas") é un tipo de morteiro empregado tradicionalmente en México.[1]

Molcaxete e texolote

Partes e tipos editar

Está formado por unha pedra forxada en forma cóncava. É un morteiro empregado na preparación de alimentos que se remonta ás civilizacións mesoamericanas precolombinas, incluíndo os aztecas e maias. Tradicionalmente obtense dun só bloque de basalto vesicular e ten tres pés.

Na época prehispánica, os molcaxetes facíanse a miúdo de cerámica, especialmente entre os aztecas. O exterior do molcaxete está frecuentemente decorado con cabezas de animais talladas. O porco é o animal máis utilizado para este tipo de decoración.

A man do molcaxete, chamada texolote (náhuatl: tetlxolotl; literalmente, "boneca de pedra"), está feita do mesmo material.[2]

Uso editar

Os molcaxetes aínda se utilizan hoxe en día para triturar e moer especias, para preparar diversas salsas e guacamole. Na cociña popular e tradicional séguese preferindo o seu uso ao das batidoras eléctricas polo particular sabor que a pedra dá aos alimentos.

De forma diferente é o metate, morteiro que se utiliza para moer o millo para ser utilizado na elaboración de tortillas e tamales e para a preparación de mole.

Notas editar

  1. "molcaxitl - Gran Diccionario Náhuatl". gdn.iib.unam.mx. Consultado o 2022-03-27. 
  2. "Tejolote - Piedra de Molcajete / Molcajete Pestle (Mano)". mexgrocer.com. Consultado o 2023-12-30. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar