Modus vivendi

Modus vivendi é unha locución latina que significa literalmente "modo de vivir" [1] (do latín modus "maneira", "modo", e vivendi "de vivir", xenitivo do xerundio do verbo "vivere") e que designa a base ou regra de conduta, arranxo ou axuste transitorio entre dúas partes. Esta locución é usualmente empregada para describir arranxos informais ou temporais en asuntos políticos e diplomáticos, posto que un modus vivendi é un instrumento que rexistra un acordo internacional de natureza temporal, que posteriormente será cambiado por un permanente e detallado.[2]

Actualmente, esta locución latina é usualmente empregada para referirse á actividade mediante a cal unha persoa se gaña a vida.

NotasEditar

  1. "modus vivendi" no diccionario da Real Academia Galega.
  2. "modus vivendi" na vixésima terceira edición do DRAE.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar