Mocedade Galeguista de Vigo

A Mocedade Galeguista de Vigo era a organización xuvenil da agrupación local do Partido Galeguista de Vigo, formouse o 2 de novembro de 1933. Integrouse na Federación de Mocedades Galeguistas cando se formou en 1934. O seu secretario xeral era Xaime Illa Couto.

Historia editar

A Mocedade Galeguista de Vigo tiña no momento da súa constitución 60 membros, e desde o comezo deron grande importancia aos aspectos culturais e deportivos, chegando a contar cun equipo de fútbol propio. Foi o seu secretario xeral, Xaime Illa, de quen partiu a idea para constituíren todas as mocidades das agrupacións locais do PG unha federación que as agrupase.

Bibliografía editar

  • Rojo, Arximiro (1987). As Mocedades Galeguistas. Vigo: Galaxia. pp. 44–45.