Mocedade Galeguista de Celanova

A Mocedade Galeguista de Celanova foi a organización xuvenil da agrupación local do Partido Galeguista de Celanova.

Historia e característicasEditar

 
Cabeceira de Adiante, semanario dirixido por Emilio Ferreiro Míguez.

Foi fundada no 15 de xullo de 1932, sendo Xosé Velo o seu primeiro presidente e Celso Emilio Ferreiro o vicepresidente. Así figura na súa acta fundacional[1], que foi descuberta polo Comité de Memoria Histórica de Comarca de Celanova no ano 2020, na casa familiar do mestre Odilo Pérez Fernández. Neste documento a Mocedade comprometíase a traballar pola implantación dun "réxime autónomo" en Galiza e por todos e cada un dos puntos contidos no programa do Partido Galeguista.

En xaneiro de 1933 a organización editou o periódico Adiante (do que só saíu un número). Integrouse na Federación de Mocedades Galeguistas cando se formou en 1934.

A Mocedade Galeguista de Celanova tivo grande influencia no seo da Federación de Mocedades Galeguistas, boa parte dos seus dirixentes tiñan tamén postos de responsabilidade na organización nacional. En xaneiro de 1934 contaba con 50 membros, ademais dunha sección infantil composta por 40 nenos.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar