Mo Yan

novelista chinés

Guan Moye (chinés simplificado: 管谟业; pinyin: Guǎn Móyè), nado en Gaomi (Shandong) o 17 de febreiro de 1955, é un escritor chinés, máis coñecido co pseudónimo de Mo Yan (chinés simplificado: 莫言; pinyin: Mò Yán), que significa "Non fales"[1]. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 2012.[2][3]

Infotaula de personaMo Yan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 管谟业 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Gaomi, República Popular da China (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Comité Nacional da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Arte do Exército de Libertação Popular (pt) Traducir
Universidade Normale de Pequim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , mestre , novelista , guionista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de China Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTong Qingbing Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMo Yan Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesGuan Shiren (en) Traducir (devanceiro) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0594911 Editar o valor em Wikidata

Acadou sona en occidente especialmente pola adaptación cinematográfica que o director Zhang Yimou fixo dunha das súas novelas, co título de Hong gao liang ("Sorgo vermello").

Traxectoria editar

Naceu na provincia de Shandong, nunha familia de granxeiros. Deixou a escola durante a Revolución Cultural para traballar nunha fábrica de petróleo. Con 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación, as actuais forzas armadas do seu país, e nesa época comezou a escribir. En 1981 publicou a súa primeira novela. En 1984 obtivo un posto na Escola de Arte e Literatura do Exército, o que lle permitiu dedicar máis tempo a escribir. En 1996 publicou 丰乳肥臀 ("Grandes peitos anchas cadeiras"), novela que foi prohibida na China, e no que desde unha visión feminina revisa case un século da historia do seu país.

Estilo editar

O seu estilo foi comparado co realismo máxico de Gabriel García Márquez ou mesmo con Franz Kafka, William Faulkner ou Fiódor Dostoievski debido á súa introspección e a análise que fai da crueza do home e a sociedade. Realismo alucinatorio segundo a Academia Sueca. Emprega unha lingua cruel e elegante ao tempo. Inzada de imaxes imposibles por veces estremadamente violentas e en ambientes rurais, onde as mulleres sofren inxustizas e a sociedade abondas mostras de abuso de poder, corrupción e submisión. E resulta especialmente hábil en contar historias desta sorte evitando a peneira da censura chinesa.

Adaptacións editar

Varias das súas novelas foron levadas ao cine:

Notas editar

  1. "La voz recuperada de Mo Yan", artigo en El País, 10 de maio de 2008 (en castelán).
  2. Valiente, David (18 de outubro de 2022). "Mo Yan, el campesino que ganó el Nobel de Literatura". librujula.publico.es (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023. 
  3. Redacción (11 de outubro de 2012). "Mo Yan: Nobel de Literatura por su visión mágica y realista de China". eitb.eus (en castelán). Consultado o 6 de outubro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • 莫言 (La literatura china traducida en España)