Miyoshi Umeki (梅木 美代志 ou ミヨシ・ウメキ), nada en Otaru (Hokkaido) o 8 de maio de 1929 e finada en Licking (Missouri) o 28 de agosto de 2007[1] foi unha actriz e cantante xaponesa nacionalizada estadounidense. Foi a primeira e única muller asiática gañadora dun Oscar á interpretación.[2]

Infotaula de personaMiyoshi Umeki

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 梅木 美代志 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1929 Editar o valor em Wikidata
Otaru (Xapón) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 2007 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Licking (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesナンシー梅木 Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , músico de jazz , actriz de teatro , actriz de televisión , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0880855 Allocine: 92844 Allmovie: p72422 TCM: 182716 TV.com: people/miyoshi-umeki IBDB: 62909
Youtube: UCvpRlt9gXIA_Ua36zyyemXw Musicbrainz: 51e0d365-1678-402a-9d17-1f8d6060911f Discogs: 1284594 Allmusic: mn0000923782 WikiTree: 梅木-1 Find a Grave: 21382379 Genius: Miyoshi-umeki Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada en Otaru, Umeki foi a máis pequena de nove irmáns. O seu pai era o propietario dunha fábrica de ferro.[1] Trala segunda guerra mundial Umeki comezou a súa carreira como cantante de club nocturno no Xapón, usando o nome de Nancy Umeki,[3] As súas influencias eran o teatro kabuki tradicional e a música pop estadounidense.[1]

Entre 1950 e 1954 gravou para a RCA Victor Japan[1] e apareceu no filme Seishun Jazu Musume. Gravou especialmente standards de jazz, que cantaba en parte en xaponés e en parte en inglés ou unicamente en cada idioma. En 1955 instalouse nos Estados Unidos[1][3] e tras aparecer en Arthur Godfrey Talent Scouts asinou un contrato con Mercury Records e gravou varios sinxelos e dous álbums.[1]

As súas intervencións no programa de Godfrey chamaron a atención do director Joshua Logan, que a contratou para Sayonara.[2] Umeki gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por este filme.

En 1958 foi candidata ao Tony polo musical Flower Drum Song. Tamén apareceu na adaptación cinematográfica do mesmo musical[3] e foi candidata ao Globo de Ouro.

Aínda que foi unha invitada habitual en programas televisivos, só apareceu en catro filmes desde 1962. Foi de novo candidata ao Globo de Ouro polo seu papel en The Courtship of Eddie's Father (1969-1972), mais tras acabar a serie retirouse da interpretación.

Umeki viviu durante varios anos en Sherman Oaks[3] antes de mudarse a Licking, Missouri, para estar preto da súa familia. Faleceu dun cancro aos 78 anos.[4]

Filmografía editar

Cinema
Ano Título Personaxe Notas
1953 Seishun Jazz musume (青春ジャズ娘 Seishun jazu musume) Kashu
1956 Around the World Revue Nancy Umeki coñecida tamén como Universal Musical Short 2655: Around the World Revue
1957 Sayonara Katsumi
1961 Flower Drum Song Mei Li
1961 Cry for Happy Harue
1962 A Girl Named Tamiko Eiko
1962 The Horizontal Lieutenant Akiko
Televisión
Ano Título Personaxe Notas
1955 Arthur Godfrey and His Friends Ela mesma
1957 The Perry Como Show Ela mesma 1 episodio
1958–61 The Dinah Shore Chevy Show]] Ela mesma Episodio #2.32 (1958), Episodio #4.16 (1960), Episodio #5.17
1958 What's My Line? Ela mesma – Invitada misteriosa Episodio #414 o 11 de maio de 1958
1958 The Tennessee Ernie Ford Show Ela mesma Episodio #2.25
1958 Bing Crosby's White Christmas: All-Star Show Ela mesma It Might as Well Be Spring
1959 The Chevy Showroom Starring Andy Williams Ela mesma Episodio #2.2
1959 Toast of the Town Cantante
1961 Here's Hollywood Ela mesma Episodio do 27 de decembro de 1961
1961–62 The Donna Reed Show Kimi 2 episodios: "The Geisha Girl" (1961), "Aloha, Kimi" (1962)
1962 The Andy Williams Show]] Ela mesma Episodio do 11 de outubro de 1962, Episodio do 13 de decembro de 1962
1962 Hallmark Hall of Fame Lotus-Blossom "The Teahouse of the August Moon"
1962 Sam Benedict Sumiko Matsui "Tears for a Nobody Doll"
1963 Rawhide Nami "Incident of the Geisha"
1963 Dr. Kildare Hana Shigera "One Clear Bright Thursday Morning"
1964 Burke's Law Mary 'Lotus Bud' Ling "Who Killed the Paper Dragon?"
1964 O Virxiniano Kim Ho "Smile of a Dragon"
1964 Mister Ed Ako Tenaka "Ed in the Peace Corps"
1964 The Celebrity Game Ela mesma Episodio do 19 de abril de 1964
1969 The Queen and I Japanese Bride "The Trousseau"
1969–72 The Courtship of Eddie's Father Mrs. Livingston 66 episodios
1971 This Is Your Life Ela mesma Dedicado a Bill Bixby
1971 The Pet Set Ela mesma Episodio do 30 de xuño de 1971
1971 The Merv Griffin Show Ela mesma Episodio do 29 de marzo de 1971
1972 Salute to Oscar Hammerstein II Ela mesma

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Bernstein, Adam. "Actress Miyoshi Umeki, 78, Dies of Cancer". The Washington Post. 5 de setembro 2007.
  2. 2,0 2,1 "Oscar winner Miyoshi Umeki dies at 78". USA Today. 5 de setembro de 2007.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lavietes, Stuart. "Miyoshi Umeki, Oscar-winning actress, dies at 78" Arquivado 09 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. International Herald Tribune. 6 de setembro de 2007.
  4. Miyoshi Umeki, 78, Actress Who Won an Oscar in ’57, Dies

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar