Mitja Borkert
Mitja Borkert, nado o 17 de marzo de 1974, é un deseñador de automóbiles e enxeñeiro xefe alemán. Foi director de Lamborghini Centro Stile desde 2016. Tamén foi deseñador en Porsche de 1999 a 2016.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro de deseño ![]() |
Traxectoria
editarBorkert naceu en 1974 en Herzberg, Elster, na que entón era a Alemaña Oriental, e despois da caída do muro de Berlín, comezou a asistir ao departamento de deseño da Universidade de Ciencias Aplicadas de Pforzheim e licenciouse en deseño de transportes.[1][2]
En 1999, Borkert foi contratado por Porsche no seu centro de estilo en Weissach, onde ocupara diversos cargos, os principais dos cales foron o de Director Xeral de Deseño Avanzado e, en 2014, de Director de Deseño Exterior. Aquí, deseñou o Panamera Sport Turismo e o Porsche Boxster 987, colaborando na creación da segunda xeración Cayenne, o Macan e o Mission E. Despois de 17 anos en Porsche, abandonou a compañía en abril de 2016 para asumir o papel de Director de Centro Estilo de Lamborghini, en substitución de Filippo Perini, quen pasou a dirixir Italdesign.[3][4][5][6]
En Lamborghini, Borkert ocúpase da construción do Aventador S e dalgunhas versións especiais do Huracán como o Perfomante.[7] En 2017, en colaboración co Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Boston, deseñou o concept car Terzo Millennio.[8][9]
Galería
editar-
Porsche Panamera Sport Turismo Concept
-
Porsche Boxter 987
-
Porsche Cayenne 2ª xeración
-
Porsche Macan
-
Porsche Mission E Concept
-
Lamborghini Aventador S
-
Lamborghini Huracán Performante
-
Lamborghini Terzo Millennio
Notas
editar- ↑ "Mitja Borkert - Head of Design at Automobili Lamborghini". media.lamborghini.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Mitja Borkert (Lamborghini)". gentlemendriversmag.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 2023.
- ↑ ""Mitja Borkert, nuovo direttore del Centro Stile Lamborghini"". ansa.it. Consultado o 2021.
- ↑ "Lamborghini, fra avvicendamenti e celebrazioni, un anno decisivo. In attesa del Suv". lastampa.it. Consultado o 2021.
- ↑ "Porsche designer Mitja Borkert moves to Lamborghini". autocar.co.uk. Consultado o 2021.
- ↑ "Lamborghini - Mitja Borkert è il nuovo capo dello stile". quattroruote.it. Consultado o 2021.
- ↑ "MITJA BORKERT – LAMBORGHINI, UN DNA INCONFONDIBILE". autodesignmagazine.com. Consultado o 2017.
- ↑ "Lamborghini Terzo Millennio, Mitja Borkert racconta il design". motori.quotidiano.ne. Consultado o 2021.
- ↑ "Come nasce il design di una Lamborghini". it.motor1.com. Consultado o 2019.