Misuzu Kaneko

poetisa xaponesa

Misuzu Kaneko (金子 みすゞ), nada como Teru Kaneko (金子 テル) en Senkazi-mura (Nagato) o 11 de abril de 1903 e finada na mesma cidade o 10 de marzo de 1930 foi unha poeta xaponesa.

Misuzu Kaneko
Kaneko Misuzu.jpg
Nacemento11 de abril de 1903
 Nagato
Falecemento10 de marzo de 1930
 Xapón
NacionalidadeXapón
Alma mátersen etiquetar
Ocupaciónpoeta e escritora
IrmánsGasuke Kamiyama
editar datos en Wikidata ]

Senzaki era unha aldea de pescadores, dependendo en particular da sardiña xaponesa. As escenas de pesca no mar adoitan aparecer nos seus poemas.

Kaneko foi comparada con Christina Rossetti.[1] Os seus poemas foron traducidos a once linguas.[2]

TraxectoriaEditar

A carreira de Misuzu Kaneko como escritora de poesía infantil comezou aos vinte anos, pouco despois de que se convertese na directora e única empregada dunha pequena libraría en Shimonoseki, vila do sur de Honshu.

Kaneko foi criada en solitario pola súa nai despois de que o seu pai falecese cando tiña tres anos. A nai de Kaneko levaba unha libraría e sentía con forza sobre lectura e educación. Mentres que a maioría das rapazas xaponesas desa época estudaban só ata sexto grao, Kaneko continuou a súa educación ata os dezasete anos. Foi descrita por outros como xentil, alegre e unha excelente estudante[1] ademais de lectora voraz con curiosidade sobre a natureza.

Na libraría, Kaneko descubriu unhas revistas que dominaban o auxe da literatura infantil e que solicitaba contos e poemas dos seus lectores. Kaneko enviou numerosas de poemas e cinco delas, entre elas "The Fishes", foron aceptadas para ser publicadas no número de setembro de 1932 de catro desas revistas.[3] Axiña, os seus poemas comezaron a aparecer en revistas de todo o país e converteuse nunha celebridade literaria. Nos seguintes cinco anos publicou cincuenta e un poemas máis.

Porén, a vida privada de Kaneko non foi moi afortunada. O seu marido, dependente na libraría familiar éralle infiel e contraeu unha enfermidade venérea que lle transmitiu a ela, causándolle unha duradeira dor física. Tamén a obrigou a que deixase de escribir. Finalmente divorciouse del, mais tamén perdeu a custodia da súa filla. A lei xaponesa da época daba ao pai a custodia indiscutible dos fillos. Kaneko afundiuse nunha maior desesperación.

Kaneko cometeu suicidio en 1930, pouco antes do seu 27.º aniversario. Tras bañar a súa filla e compartir un sakuramochi, Kaneko escribiu unha carta ao seu marido pedíndolle que deixase que a súa nai criase a nena, e quitouse a vida. A súa filla finalmente foi criada pola súa avoa.[4]

RedescubrimentoEditar

Aínda que recibiu eloxios polos poemas que publicou durante a súa vida, a obra de Kaneko pasou á escuridade durante os anos da segunda guerra mundial.[1] En 1966 un xaponés de dezanove anos aspirante a poeta chamado Setsuo Yazaki descubriu o seu poema "Big Catch" nun libro estraño. Ansioso por saber máis sobre a autora, pasou dezaseis anos tratando de localizala. En 1982 foi capaz de contactar co irmán máis novo de Kaneko, de 77 ano, que aínda tiña os diarios en que ela escribiu os seus poemas.[4]

A colección completa foi publicada por JULA Publishing Bureau nunha antoloxía en seis volumes. En 2016 publicouse a edición en inglés da súa poesía Are You an Echo? The Lost Poetry of Misuzu Kaneko por parte da editorial independente Chin Music Press. Recibiu unha mención de honra nos Freeman Awards 2016.

"Are You an Echo?" e o tsunami de 2011Editar

Tralo tsunami de 2011, os canais de televisión transmitiron o poema de Kaneko “Are You an Echo?” como anuncio de servizo público para animar os voluntarios.[4]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Misuzu Kaneko". Access: A Bimonthly Newsletter for International Residents of Yamaguchi Prefecture. Outubro–novembro de 2007. Consultado o 20 de marzo de 2017. 
  2. Gross, Annise (2016). "Chin Music Press Translates Japanese Children's Poet for US Market,", Publishers Weekly
  3. Ito, Sally (2016). "Forgotten Woman: the Life of Misuzu Kaneko,", Electric Literature
  4. 4,0 4,1 4,2 Popova, Maria. "Are You An Echo: The Remarkable Story of the Forgotten Young Woman Who Became Japan’s Most Beloved Children’s Poet". Brain Pickings. Consultado o 20 de marzo de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar