Mirentxu é unha ópera (denominada idilio lírico vasco en dous actos) en dous actos e un epílogo con música de Jesús Guridi sobre un libreto de Alfredo Echave. Foi estreada como zarzuela o 31 de maio de 1910 no Teatro Campos Elíseos de Bilbao. Posteriormente o propio compositor a transformou en ópera en 1912. Foi un encargo da Sociedad Coral de Bilbao.

Mirentxu
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
LibretistaAlfredo Echave
Estrea31 de maio de 1910 (como zarzuela)
1912 (como ópera)
Teatro da estreaTeatro Campos Elíseos
Lugar da estreaBilbao
Música
CompositorJesús Guridi

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só unha representación no período 2005-2010.[1]

Argumento editar

Mirentxu conta a historia de Manu e a súa filla Mirentxu, que viven en Errotatxiki, un muíño xunto ás ruínas dunha antiga ferrería vasca. Mirentxu namórase de Raimundo, sobriño do muiñeiro que tamén vive con eles. Porén, as cousas non serán doadas para a moza xa que no seu camiño se interporá Presen, a mellor amiga de Mirentxu, o que dá lugar a un perigoso triángulo amoroso.

Notas editar

  1. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar