Miranda Otto
Miranda Otto, nada o 16 de decembro de 1967 en Brisbane, Queensland, é unha actriz australiana de cinema e teatro.
Miranda Otto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de decembro de 1967 |
Lugar | Brisbane |
Nacionalidade | Australia |
Educada en | National Institute of Dramatic Art |
Pai | Barry Otto |
Cónxuxe(s) | Peter O’Brien |
Profesión | actriz, actriz de teatro e actriz de cinema |
Na rede | |
http://www.miranda-otto.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
É recoñecida en todo o mundo polo papel da doncela guerreira Éowyn na triloxía de filmes de Peter Jackson baseada na saga d´O Señor dos Aneis. Sendo dunha familia de actores, Miranda comezou a actuar á idade de 19 anos, e dende entón apareceu nunha gran variedade de filmes de baixo orzamento e proxectos de grandes estudos.
A súa primeira actuación notábel foi no filme Emma's War (1986), no que interpretou unha adolescente que se muda a Australia durante a segunda guerra mundial. Tras unha década de papeis aclamados pola crítica na Australia, atraeu a atención de Hollywood para aparecer en dous papeis en The Thin Red Line (1998) e What Lies Beneath (2000). Con todo, o seu papel máis famoso foi no 2002 cando entrou no elenco dos filmes d´O Señor dos Aneis.
No 2008, entrou na serie de televisión Cashmere Mafia (que foi cancelada á metade dese ano), anunciando tamén a súa aparición en In Her Skin. No tocante á súa vida privada, a actriz foi ligada cos actores Richard Roxburgh e Peter O'Brien, o cal xa foi discutido varias veces nos medios. Actualmente, está casada con Peter O'Brien e teñen unha filla chamada Darcey.
Filmografía editar
Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1986 | Emma's War | Emma Grange | |
1987 | Initiation | Stevie | |
1988 | The 13th Floor | Rebecca | |
1991 | The Girl Who Came Late | Nell Tiscowitz | Nomeada- "Australian Film Institute" á Mellor Actriz en papel principal |
1992 | Heroes II: The Return | Roma Page | Filme de televisión |
1992 | The Last Days of Chez Nous | Annie | Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz Secundaria Nomeada- "Film Critics Circle of Australia" Mellor Actor Secundario en Papel feminino |
1993 | The Nostradamus Kid | Jennie O'Brien | |
1995 | Sex Is a Four Letter Word | Viv | |
1996 | Love Serenade | Dimity Hurley | |
1997 | The Well | Katherine | Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz en papel protagonista Nomeada- "Film Critics Circle of Australia award" Mellor Actriz |
1997 | True Love and Chaos | Mimi | |
1997 | Doing Time for Patsy Cline | Patsy | |
1998 | Dead Letter Office | Alice Walsh | Nomeada- "Film Critics Circle of Australia Awards" Mellor Actriz |
1998 | In the Winter Dark | Ronnie | Nomeada- "Australian Film Institute" Mellor Actriz Secundaria |
1998 | The Thin Red Line | Marty Bell | |
1999 | The Jack Bull | Cora Redding | Filme de televisión |
2000 | Kin | Anna | |
2000 | What Lies Beneath | Mary Feur | |
2001 | La volpe a tre zampe | Ruth | Filmado en italiano |
2001 | Human Nature | Gabrielle | |
2001 | The Way We Live Now | Mrs. Hurtle | Miniserie de televisión |
2002 | Doctor Sleep | Clara Strother | |
2002 | Julie Walking Home | Julie | |
2002 | The Lord of the Rings: The Two Towers | Éowyn | Nomeada "Empire Awards" Mellor Actriz
"Online Film Critics Society Award" ó Mellor Elenco
|
2003 | Danny Deckchair | Glenda Lake | |
2003 | The Lord of the Rings: The Return of the King | Éowyn | Nomeada- "Saturn Award" Mellor Actriz Secundaria "Broadcast Film Critics Association Award" ó Mellor Elenco "National Board of Review Award" ó Mellor Elenco
|
2004 | In My Father's Den | Penny | |
2004 | Through My Eyes: The Lindy Chamberlain Story | Lindy Chamberlain | Miniserie de televisión;
"Logie Award" e "Silver Logie" á Mellor Actriz de Drama
|
2004 | Flight of the Phoenix | Kelly Johnson | |
2005 | War of the Worlds | Mary Ann Ferrier | |
2007 | The Starter Wife | Cricket Stewart | Miniserie de televisión |
2007 | Cashmere Mafia | Juliet Draper | Serie de televisión |
2009 | In Her Skin | Mrs. Barber | |
2009 | Blessed | Bianca | |
2010 | South Solitary | Meredith | |
2010 | Get It at Goode's | Patty Williams |
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Miranda Otto |
Ligazóns externas editar
- CineClick[Ligazón morta] (en inglés)