Mirón (escultor)
Mirón, en grego antigo Μύρων, de Eleutera, localidade sita no linde entre Beocia e Atenas, foi un escultor grego ( primeira metade do século V a. C.) do período clásico da arte grega.
Mirón | |
---|---|
Nacemento | século V a. C. |
Lugar de nacemento | Eleutera |
Falecemento | século V a. C. |
Nacionalidade | Antiga Atenas |
Ocupación | escultor, artista e broncista |
Fillos | Lycius |
Coñecido por | Discóbolo, Athena and Marsyas, Lykinos of Sparta statue at Olympia, Timanthes statue at Olympia, Philippos statue at Olympia e Chionis ? statue at Olympia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Debeu quizais ser discípulo de Axeladas, como probablemente Fidias e Policleto. Concentrou a súa actividade en Atenas. Traballou utilizando o bronce, mais ningunha das súas obras orixinais chegou directamente ata nós, porén podemos ter unha idea das súas cualidades artísticas a través das numerosísimas copias romanas, en mármore, e que demostran a popularidade da que gozou na Antigüidade.
A súa obra máis notábel é, sen dúbida o Discóbolo. Nesta estatua, Mirón representou un atleta espido no momento de esforzo, cando concentra toda a súa enerxía antes de lanzar o disco. Con perfecta harmonía de movementos tensos, o Discóbolo aparece inmóbil, nunha pose fóra do tempo. Mais o artista non quixo representar o movemento dun home singular nun intre dado, senón a mesma idea de movemento. A estatua orixinal foi fundida para facer un canón. Este acto bárbaro, non puido borrar a memoria dunha das máximas obras mestras da historia da arte.
Outra obra célebre de Mirón é o grupo de Atenas e Marsias, datábel arredor do 455 a.C.
Aínda por mor da súa grandeza, tense atribuído a Mirón os Bronces de Riace, sobre cuxa autoría existe un debate aberto.