Miofibroblasto
Os miofibroblastos (MFB)[1] son un tipo de fibroblastos especializados. Son células que posúen características intermedias entre fibroblastos e células musculares lisas. Desempeñan un papel moi importante durante a inflamación, a reparación, a cicatrización e a rexeneración dos tecidos nos diferentes órganos.
A súa morfoloxía é similar á do fibroblasto e ademais posúen moléculas de actina e miosina nos seus citoplasmas, como o miocito. Teñen feixes de filamentos de actina e corpos densos semellantes aos das células do músculo liso. Difiren das células musculares lisas porque carecen de lámina externa.
Son abundantes en zonas de cicatrización e no ligamento periodontal.
Orixe embriolóxica
editarTodas as células contráctiles son de orixe mesodérmica incluíndo o miofibroblasto e a súa diferenciación débese principalmente a un proceso de alongamento gradual, con síntese simultánea de proteínas filamentosas con capacidade de contracción. A excepción son as células mioepiteliais que teñen orixe endodérmica.[2]
Caracterización fenotípica
editarOs miofibroblastos representan unha subpoboación de fibroblastos cun fenotipo similar ao das células do músculo liso, debido a que expresan α-actina de músculo liso no seu citoesqueleto, aínda que tamén as súas subpoboacións en diferentes órganos mostran diferenzas fenotípicas entre elas.
A súa fisioloxía é semellante nos diferentes tecidos e órganos nos que se encontran. Debido ao seu amplo espectro de síntese e secreción de moléculas, tales como citocinas, interleucinas, quimiocinas, factores de crecemento, lípidos, diversos mediadores fisiolóxicos, moléculas matriz extracelular, metaloproteinases da matriz (MMPs) e metaloproteases da matriz inhibidoras de tecidos (TIMPs), exercen un papel moi importante durante a embrioxénese, a organoxénese, a inflamación, a reparación e a cicatrización.
Os miofibroblastos son ademais, fundamentais nos diferentes procesos de rexeneración e reparación (fibrose) que ocorren nos distintos órganos. [3] Interveñen no sostén anatómico e funcional das glándulas exócrinas, os alvéolos pulmonares, as células mesanxiais, as criptas intestinais, os lobuliños hepáticos e os folículos ováricos de Graaf.
Miofibrobastos nos diferentes tecidos
editarFígado
Os miofibroblastos hepáticos están integrados por varias poboacións celulares, cada unha destas localizada en lugares específicos do lobuliño hepático.
Estes miofibroblastos están implicados na fibrose, que é o proceso de reparación característico na cirrose.
Cada subpoboación de miofibroblastos hepáticos mostra unha morfoloxía e unha localización característica, o que se correlaciona coa localización das moléculas de coláxeno de Tipo I e III.
[4]
Notas
editar- ↑ Hinz B, Phan SH, Thannickal VJ, Galli A, Bochaton-Piallat ML, Gabbiani G, « The myofibroblast: one function, multiple origins », Am J Pathol, vol. 170, no 6, 2007, p. 1807-16. (PMID 17525249, PMCID PMC1899462)
- ↑ Aldana,, Hernán. (2005). "Grupo de células contráctiles". Unidad 4, Histología (Facultad de medicina, Universidad de Morón). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 27 de agosto de 2015.
- ↑ Ramos, Carlos; Becerril, Carina; Cisneros, José; Montaño, Martha (2004). "El Miofibroblasto, una célula multifuncional en la patología pulmonar". Rev. Inst. Nal. Enf. Resp. Mex. (SciELO) 17 (3): 215–231. ISSN 0187-7585.
- ↑ Poonkhum, Raksawan; Pradidarcheepp, Wisuit; Nilbu-nga, Somneuk; Chaunchaiyakul, Suwadee (2011). "Distribution of Hepatic Myofibroblasts and Type I and III Collagen in Rat Liver Cirrhosis Induced by Thioacetamide.". Int. J. Morphol. [online] 29 (n2): 501–508. ISSN 0717-9502.
Ligazóns externas
editar- Numerosas micrografías con M.O. e diversas tinguiduras específicas e ademais electromicrografias con M.E. Histoloxía, Escola de medicina. Universidade Católica de Chile
- Contén texto e microfotografías. Facultade de Medicina, Universidade Autónoma de Zacatecas.Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.