Ministerio de Sanidade (España)

O Ministerio de Sanidade de España é o actual departamento ministerial con competencias en política sanitaria. A súa titular é Mónica García. O Ministerio ten a súa sede central no Paseo do Prado de Madrid, fronte ao Museo do Prado.

Ministerio de Sanidade
Logo
AcrónimoMSCBS
Tipoministério da saúde e consumer ministry
Data de fundación2018
Data de disoluciónxaneiro de 2020
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A historia do ministerio de sanidade remóntase á primeira lexislatura, tendo tamén outros predecesores na etapa predemocrática española. Desde a súa aparición, centrouse na política sanitaria do goberno e, desde o traspaso da competencia en materia de sanidade ás Comunidades Autónomas, encárgase da regulación do marco xeral e as bases do a sanidade, dirixindo o Sistema Nacional de Saúde.

Tivo numerosas variantes, incluíndo dentro da súa estrutura ámbitos materiais diversos como a Igualdade ou os servizos sociais. Na súa estrutura actual, o Ministerio de Igualdade adquiriu autonomía propia, engadindo ao Ministerio de Sanidade as competencias en Consumo.

Funcións editar

Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social:[1]

  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e de consumo
  • O exercicio das competencias da Administración Xeral do Estado para asegurar aos cidadáns o dereito á protección da saúde.
  • A proposta e execución da política do Goberno en materia de cohesión e inclusión social, de familia, de protección do menor e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade.

Estrutura editar

Este Ministerio dispón, como órgano superior:

  • A Secretaría de Estado de Servizos Sociais

Lista de Ministros de Sanidade editar

Referencias editar

  1. http://www.boe.es/boe/dias/2018/06/07/pdfs/BOE-A-2018-7575.pdf Real Decreto 355/2018, de 6 de junio, por el que se reestructuran los departamentos ministeriales.

Ligazóns externas editar