Levou este nome unha princesa hitita, irmá do rei dos hititas Muwatallis II. Tras casar con Masturi, fillo de Manapa-Tarhunta II, rei de Seha, converteuse en raíña deste antigo país de Asia Menor á morte deste último.