Millions Now Living Will Never Die

Millions Now Living Will Never Die é o segundo álbum da banda estadounidense de post-rock Tortoise, editado o 30 de xaneiro de 1996 a través do selo Thrill Jockey Records. O traballo foi recoñecido como un innovador disco de post-rock e aparece no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. No ano 2008 foi interpretado integramente ao vivo no festival All Tomorrow's Parties.

Millions Now Living Will Never Die
Álbum de Tortoise
Gravaciónxuño - setembro de 1995
Duración42:56 (versión estadounidense)
64:30
68:42 (versión xaponesa)
Xénero(s)post-rock
Selo(s)Thrill Jockey
Cronoloxía
Rhythms, Resolutions & Clusters Millions Now Living Will Never Die TNT

O título do álbum está sacado dunha frase usada polas testemuñas de Xehová, especialmente a comezos do século XX. É, por exemplo, o título dun ensaio escrito por Joseph Franklin Rutherford, que foi o segundo presidente da Watch Tower Bible and Tract Society.

Listaxe de cancións editar

  1. "Djed" – 20:57
  2. "Glass Museum" – 5:27
  3. "A Survey" – 2:52
  4. "The Taut and Tame" – 5:01
  5. "Dear Grandma and Grandpa" – 2:49
  6. "Along the Banks of Rivers" – 5:50
  7. "Gamera" (canción extra) – 11:55
  8. "Goriri" (canción extra) – 6:39
  9. "Restless Waters" (canción extra) – 3:41
  10. "A Grape Dope" (canción extra) - 4:12
  • Os temas 7–9 non están na versión estadounidense.
  • O tema 10 éstá na versión xaponesa.