Mikkelin Jukurit

equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Mikkeli (Finlandia)

O Mikkelin Jukurit ou simplemente Jukurit, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Mikkeli (Finlandia). O club foi fundado en 1970 e dende a tempada 2016-17 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga. Anteriormente competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, onde dende a súa fundación no ano 2000 se mantivo nos postos de cabeza, gañando a competición en cinco ocasións (2001, 2002, 2003, 2006, 2013), quedando segundo en tres (2004, 2007, 2011), e terceiro nunha ocasión (2008). Xoga os seus partidos como local no Kalevankankaan jäähalli, un pavillón con capacidade para 4.500 espectadores.

Jukurit
Fundación1970
Cidade Mikkeli,
Savonia do Sur
Finlandia Finlandia
EstadioKalevankankaan jäähalli
(4.500 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos5 (Mestis)
AdestradorFinlandia Jarno Pikkarainen
CoresAmarelo, azul e vermello
                 
Na rede
https://www.jukurit.fi/

Historia

editar

O Mikkelin Jukurit foi fundado en 1970. A tempada 1998-99 supuxo un punto de inflexión para o club, cando Matti Turunen se converteu no director executivo e Risto Dufva de Jyväskylä no adestrador xefe. Na tempada 1999–2000 gañou o seu primeiro campionato na recentemente creada Suomi-sarja, e regresando á Mestis tras 20 anos. Cando Jukurit gañou o seu cuarto campionato da liga Mestis en primavera de 2006, Risto Dufva deixou o equipo.

Palmarés

editar

Xogadores

editar

Números retirados

editar

Xogadores destacados

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar