Mikel Merino
Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.
Mikel Merino | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Mikel Merino Zazón | ||
Nacemento | 22 de xuño de 1996 (27 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pamplona | ||
Altura | 1,88 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Sociedad | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
CD Amigó | |||
Osasuna | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014 | Osasuna B | 5 | (0) |
2014–2016 | Osasuna | 63 | (5) |
2016–2017 | Borussia Dortmund | 8 | (0) |
2017 | → Newcastle United (cedido) | 7 | (0) |
2017–2018 | Newcastle United | 17 | (1) |
2018– | Real Sociedad | 4 | (1) |
Selección nacional | |||
2014–2015 | España sub-19 | 12 | (1) |
2016– | España sub-21 | 13 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de setembro de 2018. Selección: actualizado a 6 de setembro de 2018.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
CA Osasuna editar
Mikel incorporouse aos xuvenís do Osasuna na tempada 2012/13, procedente do CD Amigó navarro. Subiu ao primeiro equipo da man de Jan Urban en 2014. Debutou co Osasuna, en Segunda División, o 23 de agosto de 2014 ante o FC Barcelona B. Marcou o seu primeiro gol ao rematar un córner, ante a UD As Palmas, en decembro de 2014.[1]
Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Primeira División.[2] Foi peza fundamental durante toda a tempada e, tamén, nos play-off de ascenso a Primeira División, contribuíndo con tres goles na eliminatoria ante o Gimnàstic de Tarragona.[3][4]
Borussia Dortmund editar
En febreiro de 2016 é traspasado ao Borussia Dortmund da Bundesliga, por 3'7 millóns de euros.[5] En xullo incorporouse á pretemporada do equipo alemán, debutando nun amigable contra o FC St. Pauli.[6] Thomas Tuchel deixoulle fóra da lista da UEFA Champions League, polo que non puido participar en ningún partido.[7] Debutou en Bundesliga, ante o Hertha BSC, o 14 de outubro de 2016.[8] Ao longo da tempada non dispuxo de demasiados minutos, disputando só 293 minutos en oito partidos de Bundesliga.[9]
Clubs editar
Club | País | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
C.A. Osasuna | España | 2014 - 2016 | 67 | 8 |
Borussia Dortmund | Alemaña | 2016 - | 9 | 0 |
Selección nacional editar
Categorías inferiores editar
Foi campión de Europa sub-19 en 2015, sendo titular en todos os partidos do torneo.[10] En setembro de 2016, incorporouse á selección española sub-21 coa que conseguiu clasificarse para disputar a Eurocopa sub-21 de 2017.
Vida persoal editar
É fillo de Miguel Merino Torres, ex xogador, entre outros, de Osasuna, Celta e Leganés.[11]
Notas editar
- ↑ "Diez cosas que quizá no sabías de Mikel Merino".
- ↑ "Mikel Merino: "Era la mejor forma de decir adiós". Diario de Noticias de Navarra". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2016. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "Osasuna vs Gimnástic: resumen, goles y resultado - MARCA.com".
- ↑ "Gimnástic vs Osasuna: resumen, goles y resultado - MARCA.com".
- ↑ "Mikel Merino firma con el Borussia Dortmund hasta 2021 | sport.es".
- ↑ "Osasuna - Mikel Merino debuta con el Borussia como lateral izquierdo".
- ↑ "Mikel Merino: "Es difícil llegar a un sitio nuevo y no tener oportunidades"".
- ↑ "Así fue el debut de Mikel Merino - bundesliga.com/es".
- ↑ "Mikel Merino quiere salir para tener más presencia". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2017.
- ↑ "Europeo sub-19 2015 - España-Rusia – UEFA.com".
- ↑ "Merino, la nueva joya de Tajonar".
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do xogador en Transfermarkt.es
- Ficha do xogador en Soccerway.com