Mike, o pito sen cabeza
Mike, o pito sen cabeza, chamado en inglés Mike the Headless Chicken e coñecido ás veces como Miracle Mike, nado en abril de 1945 e finado en marzo de 1947, foi un pito da clase Wyandotte que sobreviviu 18 meses logo de que o seu dono o decapitase. Posto que había a crenza lóxica de que se trataba dunha fraude, o dono levou a ave a ser examinada na Universidade de Utah en Salt Lake City, onde confirmaron a veracidade dos feitos.[1]
Notas
editar- ↑ Longest Surviving Headless Chicken, no Libro Guinness dos Récords. (en inglés)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do polo Mike (en inglés)
- Mike, the Headless Chicken na revista Life.