Miki Villar

futbolista galego
(Redirección desde «Miguel Villar Alonso»)

Miguel Villar Alonso, coñecido como Miki Villar, nado en Nigrán o 19 de setembro de 1996, é un futbolista galego que xoga como extremo no Wisła Kraków da I liga polaca.

Miki Villar
Información persoal
Nome Miguel Villar Alonso
Nacemento 19 de setembro de 1996
Lugar de nacemento Nigrán
Altura 1,73 m.
Posición Extremo
Información de club
Club actual Wisła Kraków
Número 19
Carreira xuvenil
Celta de Vigo
Rápido de Bouzas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Rápido de Bouzas 48 (7)
2015–2017 Pontevedra 12 (0)
2016 Rápido de Bouzas 5 (0)
2017–2018 Boiro 31 (3)
2018–2021 Compostela 82 (12)
2021–2023 Ibiza 47 (2)
2023– Wisła Kraków 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 13 de marzo de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Nigrán, formouse nas canteiras do Celta de Vigo e do Rápido de Bouzas. O 24 de novembro de 2013 debutou co primeiro equipo do Rápido na Terceira División, nun partido contra o Somozas.[1] Marcou o seu primeiro gol tres semanas despois, facendo o terceiro tanto do seu equipo na vitoria por 3-1 sobre o Racing Vilalbés.[2] Na seguinte tempada disputou 37 partidos, 22 deles como titular e marcou seis goles.

En xullo de 2015 fichou polo Pontevedra CF, da Segunda División B.[3] Apenas tivo minutos no equipo de Luisito, e ao ano seguinte regresou ao Rápido de Bouzas en calidade de cedido.[4]

No verán de 2017 fichou polo CD Boiro, da Terceira División, onde foi titular durante a maior parte da tempada.[5] Ao ano seguinte fichou pola SD Compostela,[6] onde militiou os seguintes tres anos. Foi unha das pezas máis importantes no equipo de Yago Iglesias e na campaña 2019/20 logrou o ascenso a Segunda B.

En xuño de 2021 asinou un contrato de dous anos coa UD Ibiza, que viña de ascender por primeira vez na súa historia á Segunda División.[7] Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 2021/22, contra o Zaragoza na Romareda, entrando na segunda parte como substituto de Mateusz Bogusz.[8] Marcou o seu primeiro gol na xornada 15, contra a Real Sociedad B en Anoeta, dándolle a vitoria ao seu equipo por 0-1.[9] Militou durante unha tempada e media no club balear, contabilizando un total de 51 partidos e 3 goles.

En xaneiro de 2023 deixou Eivisa para fichar polo Wisła Kraków, club da I Liga, segunda categoría do fútbol de Polonia.[10] No histórico club de Cracovia coincidiu co tamén galego Luis Fernández e con outros cinco futbolistas españois.[10]

Notas editar

  1. "El Somozas sorprende a domicilio al Rápido de Bouzas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de novembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  2. "El Rápido corta su crisis con un triunfo en Vilalba". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de decembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  3. "Álex Fernández, Jandrín y Miki, los tres primeros fichajes granates". Faro de Vigo (en castelán). 21 de xullo de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  4. Espiño, Diego (1 de febreiro de 2018). "Miki, renovado e cedido ao Rápido de Bouzas". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  5. "Miki firma por el Boiro de Tercera División". Faro de Vigo (en castelán). 24 de xullo de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  6. "Miki, terceiro reforzo para o proxecto branquiazul". Sociedade Deportiva Compostela. 5 de xullo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  7. "Miki Villar nuevo jugador del Ibiza" (en castelán). 16 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  8. "El Zaragoza decepciona y empata ante un valiente Ibiza". Marca (en castelán). 14 de agosto de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2021. 
  9. "Miki Villar da la victoria al Ibiza en la intimidad de Anoeta". As (en castelán). 7 de novembro de 2021. Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 R. Barbero, Alberto; Rivero, Ángel (11 de marzo de 2023). "Wisla y los siete". Marca (en castelán). Consultado o 13 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar