Miguel Pardeza

futbolista español

Miguel Pardeza Pichardo, coñecido deportivamente como Pardeza, nado en La Palma del Condado, Huelva, o 8 de febreiro de 1965, é un exfutbolista e filólogo español.

Pardeza
Información persoal
Nome Miguel Pardeza Pichardo
Nacemento 8 de febreiro de 1965
Lugar de nacemento La Palma del Condado
Altura 172 centímetros
Posición dianteiro, dianteira
Carreira xuvenil
1979–1982 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1985 Castilla 69 (14)
1983–1987 Real Madrid 28 (5)
1985–1986 Zaragoza 26 (5)
1987–1997 Zaragoza 271 (71)
1997–1999 Puebla 36 (6)
Selección nacional
1980–1981 España sub-16 3 (1)
1982–1983 España sub-18 13 (1)
1986 España sub-21 3 (0)
1987–1988 España sub-23 2 (0)
1989–1990 España 5 (0)
Na rede
FIFA: 174836 UEFA: 5830 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Comezou a súa carreira no Real Madrid, onde foi o único membro non madrileño da "Quinta do Voitre", aínda que os seus maiores éxitos logrounos co Zaragoza. Foi cinco veces internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 1990.

Traxectoria editar

Como xogador editar

Real Madrid editar

Formouse dende os 14 anos na canteira do Real Madrid, e na tempada 1982/83 debutou co filial, o Real Madrid Castilla, na Segunda División. Na seguinte tempada o Castilla proclamouse campión de Segunda, e o xornalista Julio César Iglesias alcumou como "Quinta do Voitre" a un grupo de cinco xogadores do equipo, formado por Emilio Butragueño, Manolo Sanchís, Míchel, Rafael Martín Vázquez e o propio Pardeza.[1]

O derradeiro día de 1983, debutou co primeiro equipo na Primeira División, nun partido contra o Espanyol, entrando nos minutos finais como substituto de Uli Stielike.[2] Disputou un total de 3 partidos co equipo de Di Stéfano esa tempada, e na seguinte, mentres os seus compañeiros se consolidaban no primeiro equipo, el continuou no filial, co que marcou 12 goles.

Na tempada 1985/86 foi cedido ao Zaragoza, co que disputou 39 partidos, marcando 10 goles, e contribuíu na conquista da Copa do Rei, realizando unha destacada actuación na final ante o FC Barcelona.[3] O Real Madrid recuperouno para o ano seguinte, pero no club branco encontrouse coa dura competencia de Butragueño, Hugo Sánchez e Valdano, que ocupaban a liña atacante titular, ademais do veterano Santillana. A súa grande oportunidade chegou coa lesión de Valdano, aproveitando para facerse coa titularidade. Disputou 25 partidos de liga e marcou cinco goles, dous deles ante o Zaragoza, e debutou na Copa de Europa. Ese ano o Real Madrid gañou a segunda das cinco ligas consecutivas que gañou a finais dos anos oitenta.

Zaragoza editar

Ao remate da tempada, Pardeza deixou o club madrileño para xogar no Zaragoza. No club aragonés destacaban futbolistas como o veterano Señor, os centrais Juanito e Fraile, ou os futuros internacionais, Villarroya e Vizcaíno e sobre todo o histórico dianteiro uruguaio Rubén Sosa. Militou no equipo durante os seguintes 10 anos, exercendo como capitán dende a retirada de Señor, e formou unha célebre dianteira xunto con Paquete Higuera.[4][5] Con Radomir Antić como adestrador, o equipo clasificouse para a Copa da UEFA, e con Víctor Fernández proclamouse campión da Copa do Rei na campaña 1993/94 e da Recopa de Europa na seguinte.

Deixou o club en 1997, despois de 369 partidos oficiais e 97 goles.

Puebla editar

A continuación marchou a México, onde fichou polo Puebla,[6] club co que xogou dúas tempadas na Primeira División antes de colgar as botas.

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, e en 1986 proclamouse campión da Eurocopa sub-21, despois de derrotar na final a Italia.[7]

Coa selección absoluta tivo poucas oportunidades, pois o posto de segundo dianteiro estaba monopolizado polo seu antigo compañeiro e amigo Emilio Butragueño (o primeiro era Julio Salinas). Aínda así foi internacional en cinco ocasións e foi convocado para o Mundial de 1990 en Italia, onde estiveron presentes todos os integrantes da "Quinta do Voitre".

Trala retirada editar

Entre 2002 e 2008 foi director deportivo do Zaragoza e de 2009 e 2014 ocupou o mesmo cargo no Real Madrid, durante a presidencia de Florentino Pérez.[8][9]

Comezou a estudar Dereito na súa época de futbolista, pero tras varios anos deixouno para estudar o que realmente lle gustaba, a Filoloxía Hispánica.[4] Licenciouse e realizou a súa tese de doutoramento sobre a obra de César González Ruano, sobre quen tamén editou unha ampla selección de artigos xornalísticos en tres volumes. O 15 de abril de 2016 recibiu o premio ao Alumno Distinguido da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza, a súa alma máter, nun acto solemne presidido polo reitor, José Antonio Mayoral, o conselleiro de Innovación, Investigación e Universidade do Goberno de Aragón, Pilar Alegría, e o decano da facultade, Eliseo Serrano Martín, celebrado no Paraninfo da Universidade de Zaragoza.

Grande afeccionado á lectura, posúe unha colección de máis de 15.000 libros.[10][4] En 2016 publicou a súa primeira novela, titulada Torneo, e no 2020 saíu á luz o seu segundo libro, de título Angelópolis.[11]

Palmarés editar

Castilla
Real Madrid
Zaragoza

Obra editar

  • Torneo (2016).
  • Angelópolis (2020).

Edicións editar

  • César González Ruano. Obra periodística (1925-1936), Fundación Cultural Mapfre Vida, Madrid, 2002.
  • César González Ruano. Obra periodística (1943-1965), Tomos I e II Fundación Cultural Mapfre Vida, Madrid, 2003.
  • César González Ruano, Necrológicas, Fundación Cultural Mapfre Vida, Madrid, 2005.

Notas editar

  1. Segurola, Santiago (17 de novembro de 2003). "La Quinta cumple 40". El País (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  2. "Se cumplen 30 años del debut de la Quinta del Buitre" (en castelán). 4 de decembro de 2013. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  3. Relaño, Alfredo (26 de abril de 1986). "El Zaragoza aguantó con un gol de rebote 60 minutos de presión barcelonista". El País (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Corazón Rural, Álvaro (Febreiro de 2015). "Miguel Pardeza: «Para los jugadores sin un físico poderoso como yo, Maradona era una escuela»" (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  5. Valero, S. (30 de novembro de 2015). "Miguel Pardeza: "La generación de la Recopa merecía más crédito"" (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  6. "Pardeza prueba suerte en el fútbol mexicano". El País (en castelán). 30 de outubro de 1997. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  7. "La Selección española Sub-21 tiene en su haber tres títulos de Europa y es la vigente campeona. El primero lo conquistó en 1986." (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  8. "Pardeza presenta su dimisión como director deportivo" (en castelán). 19 de maio de 2008. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  9. Pujol Alemany, Bernat (4 de xullo de 2014). "El Real Madrid prescinde de su director deportivo de futbol, Miguel Pardeza". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 
  10. "Pardeza, el futbolista que leía muchos libros" (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  11. Heredia, Sergio (25 de abril de 2020). "Miguel Pardeza, el delantero que se hizo novelista". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar