Miguel Morán del Val
mestre, xornalista e político español
Miguel Morán del Val, nado en León cara a 1899, foi un mestre, xornalista e editor español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 León |
Morte | Despois de 1937 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista , político |
Período de actividade | 1926 - 1937 |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarDirixiu a revista Vida Leonesa. Editou unha Guía de Vigo en 1926.[1] Dirixiu a revista Azul en Vigo nos anos vinte. Foi mestre de San Román de la Llanilla (Santander) en 1932.[2] En decembro de 1934 foi destinado como mestre á escola de nenos de Santander.[3] Foi director da Escola Graduada de Santander. En 1937 foi xefe da sección de Bibliotecas e Museos e secretario da Junta de Incautación y Conservación del Tesoro Artístico Nacional. O goberno da República confioulle unha misión como Delegado da Junta Central del Tesoro Artístico na embaixada de España en París. Coa caída da República exiliouse en Francia.[4][5]
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 17-7-1926, p. 2.
- ↑ La enseñanza primaria en Cantabria. Dictadura de Primo de Rivera y Segunda República (1923-1936) / Ángel Llano Díaz.
- ↑ La Voz de Cantabria, 5-12-1934, p. 8.
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aramburu-Zabala Higuera, Miguel Ángel (2012). Patrimonio destruido en Cantabria. Santander: Universidad de Cantabria. ISBN 978-84-86116-52-1.