Miguel Martínez Losada
Miguel José Martínez Losada, nado na Coruña en 1946 e finado o 7 de abril de 2015[1], foi un químico e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 7 de abril de 2015 ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid. Foi químico na empresa Down Chemical (1970-1973) e traballou como funcionario do Instituto Nacional de Seguridade do Ministerio de Traballo. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (1984-1986) e gobernador civil de Pontevedra (1986-1987). Foi conselleiro de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia (1987-1990) e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Foi director do Centro de Seguridade e Saúde Laboral da Coruña (2005-2008). En 2008 foi nomeado director do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).
Predecesor: Luciano Asorey |
Conselleiro de Traballo e Benestar Social 1987 - 1990 |
Sucesor: Manuel Pérez Álvarez |
Notas
editar- ↑ "Adiós a Miguel Martínez Losada", necrolóxica en La Voz de Galicia, 10 de abril de 2015 (en castelán).