Miguel Fernández-Cid
(Redirección desde «Miguel Fernández-Cid Enríquez»)
Miguel Fernández-Cid Enríquez, nado en Pontevedra en 1956, é un crítico de arte galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | crítico de arte |
Membro de | |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade Complutense en 1978, foi profesor de Crítica Estética e Arte do século XX na Facultade de Belas Artes de Salamanca (1988-92) e Pontevedra (1993-95).
Foi director do Centro Galego de Arte Contemporánea entre 1998 e 2005. Dirixe a Fundación Torrente Ballester. En 2010 ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes. Coordinou a exposición Gallaecia Petrea no Museo de Galicia da Cidade da Cultura.
Dende 2019 é director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo MARCO.[1]
Notas
editar- ↑ "Miguel Fernández Cid, nuevo director del MARCO de Vigo | El Cultural". El Cultural (en castelán). Consultado o 2020-07-02.