Miguel Conde Lobato

Miguel Conde-Lobato, nado en Caracas en 1963[1], é un publicista galego,comunicador, creador e emprendedor galego. Acadou sona pola súa participación como creativo na exitosa campaña de Gadis Vivamos como Galegos!. Trátase da campaña máis descargada en Internet da historia da publicidade española (INFOADEX)

Infotaula de personaMiguel Conde Lobato
Biografía
Nacemento1963 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpublicitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

É un dos pioneiros en España do modelo emocional-cultural en comunicación, realizando grandes achegas á construción de marcas a través do que el denomina a persuasión emocional.

Ademais, leva a cabo diferentes iniciativas sociais sen ánimo de lucro, concentradas dende o 2016 na Fundación Knowcosters que tomou o nome do libro que publicou no 2010 "Knowcosters, cuando el low cost es el mal".. No libro senta as bases da trazabilidade do consumo e de como este determina o modelo social, chegando a consideralo máis importante que o voto (cando consomes votas). Así mesmo, no libro analízase como chegamos ata aquí e como podemos saír desta tormenta perfecta, poñendo énfase na información -de aí o nome Knowcost- asumindo que coa debida información o consumidor cambia a súa conduta.

Entre as iniciativas de Knowcosters está a Tripla Marcaxe (engadir xunto ó PVP , o prezo do planeta e o prezo do estado de benestar), outra das súas propostas é a Pegada Fiscal, un distintivo que informa do país onde pagan os seus impostos os comercios online.

Por outra banda, Conde fomenta un movemento a favor da "persuasión boa" na que se respecte ao máximo a liberdade de elección do consumidor polo que se mostra crítico con iniciativas de condicionamento como o Neuromarketing e o Big Data non regulado, que poden supor un menoscabo da privacidade e do ámbito de liberdade do individuo.

Nos seus máis de 30 anos de carreira ten creado e rodado decenas de historias a través de Congo Produccciones.

Autor tamén do suspense Los lobos no piden perdón, a súa primeira novela, publicada en Ediciones B (Penguin Random House) o 6 de xuño de 2019.

Notas editar

  1. Pousa, Luis (29 de novembro de 2007). "Miguel Conde, empresario". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar