Miguel Antonio Catalán y Sañudo, nado en Zaragoza en 1894 e finado en Madrid en 1957, foi un espectroscopista español.

Miguel Catalán
Miguel Catalán Sañudo (c1920).
Datos persoais
Nome completoMiguel Antonio Santiago Dionisio Catalán y Sañudo
Nacemento9 de outubro de 1894
LugarZaragoza
Falecemento11 de novembro de 1957 (63 anos)
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
CónxuxeJimena Menéndez-Pidal
FillosDiego Catalán
Actividade
Campofísico, profesor universitario, espectroscopista, químico e catedrático de bacharelato
Alma máterUniversidade de Zaragoza e Universidad Central
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Nado en Zaragoza, despois de ter altas cualificacións no bacharel obtivo o seu título de Química na Universidade de Zaragoza (Premio extraordinario con 19 anos) e doutorouse en Madrid en 1917.

En 1920 comezou a traballar como investigador no Imperial College de Londres, tras renuncia á cátedra de instituto ('Cátedra de Institutos Generales y Técnicos') que conseguira. Examinando o espectro do arco de manganeso, determinou que o espectro óptico de átomos complexos consistía en grupos de liñas, que chamou "multipletes", entre as que existían regularidades características. Catalán demostrou que o estudo dos multipletes levaba a unha mellor comprensión dos estados de enerxéticos dos electróns atómicos, o que levaría ó spin eletrónico e ó Principio de exclusión de Pauli.

Por invitación de Arnold Sommerfeld traballou na Universidade de Múnic e, trala creación do Instituto de Física e Química de Madrid pola Fundación Rockefeller, en 1930 foi nomeado xefe da sección de espectroscopia. Foi convidado en numerosas ocasións dos laboratorios do National Bureau of Standards de Washington, D.C., na Universidade de Princeton e o MIT.

Publicou máis de 70 artigos científicos en revistas especializadas. En 1926 recibiu un premio da Real Academia de Ciencias (España) e en 1930 o premio internacional Pelfort. De 1950 en diante exerceu como director do Departamento de Espectros do Instituto de Óptica de Madrid do CSIC. En 1952 foi asesor da Joint Commission for Spectroscopy (Comisión Conxunta de Espectroscopia), o corpo regulador para este campo. En 1954 converteuse en membro da Real Academia de Ciencias (Madrid).

Ten postulada unha Táboa periódica dos elementos máis intuitiva que as de tipo 'Werner'.

O cráter lunar Catalán leva o seu nome.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar