Abrir o menú principal

Miguel Ángel Pérez de Juan Romero, nado o 30 de marzo de 1956 en Ourense, é un médico cardiólogo e político galego do PPdeG.

Miguel Ángel Pérez de Juan
Nacemento30 de marzo de 1956
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Medicina en 1982 e doutor pola mesma Universidade de Santiago de Compostela en 1999, especializouse en cardioloxía con estudos en México. A partir de 1988 comeza a traballar como cardiólogo en Ourense, e un ano máis tarde obtén a praza de xefe da especialidade de cardioloxía no Complexo Hospitalario de Ourense, daquela chamado Santa María Madre. En paralelo, Pérez de Juan mantivo a súa consulta privada e dedicouse á docencia na Universidade de Santiago, dende 1990.

Presidente da Fundación Galega do Corazón, é director da ONG católica Cáritas desde 1989.

Politicamente, é membro da Xunta directiva do Partido Popular a nivel de toda España, en 2008 foi un dos tres candidatos populares ao Senado pola provincia de Ourense e saíu elixido. Catro anos máis tarde, en 2011, foi reelixido.

Vida persoalEditar

Está casado e ten dúas fillas.

Véxase taménEditar