Miguel Ángel Cámara

político español

Miguel Ángel Cámara Botía, nado en Orihuela o 6 de maio de 1955, é o actual alcalde da cidade de Murcia, España.[1]

Miguel Ángel Cámara

23 de xuño de 1995 – ...
Precedido por José Méndez Espino
Sucedido por ...

Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1955 (68 anos) Orihuela, España España
Partido Partido Popular
Profesión Profesor

Biografía editar

Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Murcia na década dos 80, datas nas cales tamén obtivo o título de Diplomado en Administración de Empresas pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu a docencia na Universidade de Murcia, chegando a ser Profesor Titular de Química Agrícola desta mesma Universidade.

Desde 1995 ocupa o cargo electo de alcalde da cidade de Murcia polo Partido Popular, posto que foi revalidando ininterrompidamente até a actualidade. Antes disto, foi concelleiro desta localidade durante varios anos.

Ademais de todo isto, é Presidente da Federación de Municipios da Rexión de Murcia desde 1995.

Está casado con Marisol Meroño, e son pais de tres fillos, Miguel Ángel, Alberto e Soledad.

En maio de 2012 foi imputado por un presunto delito de prevaricación administrativa dentro das investigacións do caso 'Umbra', que investiga unha presunta trama de corrupción urbanística no municipio de Murcia, no que tamén están imputados o concelleiro de Urbanismo do Concello de Murcia; así como o dono do Real Murcia, Jesús Samper; e María Isabel Fernández, xefa da Oficina de Goberno Local de Murcia e muller de Alberto Guerra, antigo director da Xerencia de Urbanismo.[2]

Outros cargos e datos editar

Notas editar

Predecesor:
José Méndez Espino
Alcalde de Murcia
1995-actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén editar

Ligazón externa editar