Abrir o menú principal

Midnite Vultures é o sétimo (e cuarto nun grande selo) álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 23 de novembro de 1999 polo selo Geffen Records. Midnite Vultures non acadou o mesmo éxito que o seu predecesor, Odelay, a pesar de que foi ben recibido pola crítica e o público.

Midnite Vultures
Álbum de Beck
Gravaciónxullo de 1998 - xuño de 1999
Duración58:24
Xénero(s)rock alternativo, dance-pop, funk rock
Selo(s)DGC
Producido porBeck Hansen, Tony Hoffer, Mickey Petralia, The Dust Brothers
Cronoloxía
Mutations Midnite Vultures Sea Change

Midnite Vultures acadou o posto 34 nos Estados Unidos, onde foi ouro, e tamén foi número 19 no Reino Unido. No mes de xullo do 2008, Midnite Vultures vendera 743.000 copias nos Estados Unidos. O álbum foi nomeado no 2001 ao premio álbum do ano na entrega dos 43 Grammy Awards.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas foron compostos por Beck, agás onde se indique.

  1. "Sexx Laws" – 3:39
  2. "Nicotine & Gravy" – 5:13
  3. "Mixed Bizness" – 4:10
    • Remata con 25 segundos de ruído (descrito como "robots facendo porcalladas").
  4. "Get Real Paid" – 4:20
  5. "Hollywood Freaks" (Hansen, John King, Michael Simpson) – 3:59
  6. "Peaches & Cream" – 4:54
  7. "Broken Train" (orixinalmente titulada "Out of Kontrol") – 4:11
  8. "Milk & Honey" (Hansen, Buzz Clifford) – 5:18
  9. "Beautiful Way" – 5:44
  10. "Pressure Zone" – 3:07
  11. "Debra" (Hansen, King, Simpson) – 13:46
    • Remata con 7 minutos de silencio, seguido de 1 minuto e 4 segundos de ruído electrónico.
    • Contén elementos de "My Love for You" de Ramsey Lewis.

Disco extra da edición limitadaEditar

Versións iniciais vendidadas en tendas Best Buy viñan cun disco extra con tres temas.

  1. "Salt in the Wound" – 3:24
  2. "This Is My Crew" – 3:55
  3. "Sexx Laws" (Malibu remix) – 6:52