Midalja għall-Qadi tar-Repubblika
A Midalja għall-Qadi tar-Repubblika (Medalla polo Servizo á República) é unha medalla da República de Malta. A medalla é entregada polo Presidente de Malta, coa aprobación do Primeiro Ministro de Malta, por servizo á República de Malta. O premio é entregado a cidadáns malteses e organizacións, mais tamén pode ser entregado a estranxeiros con méritos recoñecidos. Non máis de dez cidadáns poden recibir a medalla nun ano. Pode ser entregada a título póstumo.[1]
Midalja għall-Qadi tar-Repubblika | |
---|---|
País: | Malta |
Siglas: | M.Q.R. |
Entregada por: | Servizo á república |
Os premiados coa medallan reciben tamén o título post-nominal M.Q.R.[2]
Notas editar
- ↑ "Malta’s system of Honours, Awards and Decorations" (PDF). Office of the Prime Minister of Malta. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de decembro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014.
- ↑ "ĠIEH IR-REPUBBLIKA ACT". Ministry for Justice, Culture and Local Government. Consultado o 24 de novembro de 2014.