Mictofiformes
Os Mictofiformes (Myctophiformes), ou peixes lanterna, son unha orde de peixes teleósteos, a única orde da superorde Escopelomorfos (Scopelomorpha). Son peixes bentopeláxicos de augas profundas.

Características editar
Presentan un corpo e cabeza moi comprimidos, cunha boca tamén grande e terminal. Teñen aletas pelvianas con 8 radios e unha aleta adiposa. Teñen de 7 a 11 fendeduras branquiais.
Clasificación editar
Divídense en dúas familias:
- Familia Myctophidae
- Familia Neoscopelidae
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mictofiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mictofiformes |