Abrir o menú principal

Michel Miguel Elias Temer Lulia, nado o 23 de setembro de 1940 en Tietê, San Paulo, é un avogado, Profesor, Escritor e político brasileiro de orixe libanesa, ex-presidente do Partido do Movimento Democrático Brasileiro, o máis grande do país. Actualmente é o Presidente do Brasil, electo xunto con Dilma Rousseff, na época como Vicepresidente, asumiu a presidencia tras Impeachment desta.

Michel Temer
Michel Temer (foto oficial).jpg
Presidential Standard of Brazil.svg
37º Presidente do Brasil
Período31 de agosto 2016–act.
AntecesorDilma Rousseff
Flag of the Vice President of Brazil.svg
24º Vicepresidente do Brasil
Período1 de setembro 201131 de agosto 2016
AntecesorJosé Alencar
Datos persoais
Nacemento23 de setembro de 1940
 Brasil Tietê
OrganizaciónPartido do Movimento Democrático Brasileiro
CónxuxeMarcela Tedeschi Araújo Temer
Alma máterPontifícia Universidade Católica de São Paulo e Faculdade de Direito da Universidade de São Paulo
ProfesiónAvogado, Profesor, Escritor, Político
RelixiónIgrexa católica
Assinatura Temer OK.jpg
editar datos en Wikidata ]

Carreira públicaEditar

Michel Temer comezou a súa carreira política no gabinete do gobernador de San Paulo, Adhemar Pereira de Barros. En 1983 foi nomeado procurador xeral do Estado e o ano seguinte pasou a ser secretario de Seguridade Pública do mesmo, cargo que volveu ocupar nos inicios dos anos 1990. Dentro da súa xestión creouse a primeira Delegacía da Muller de Brasil, así como tamén a Delegacía de Protección dos Dereitos de Autor, como instrumento de combate á pirataría.

Logo da súa primeira lexislatura fronte á Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo, comezou a súa carreira en cargos electivos. Confioulle ao entón gobernador, Franco Montoro, o súa decisión de participar na Asemblea Nacional Constituínte de 1986. Finalmente, resultou electo ao cargo e puido participar da Asemblea onde optou por mostrar unha postura moderada e grandes coñecementos sobre dereito constitucional. Logo desta elección, foi elixido Deputado Federal, cargo que repetiría consecutivamente por seis períodos máis. Finalmente abandona o cargo para volver asumir a Secretaría de Seguridade Pública de San Paulo e, anos máis tarde, para asumir a Secretaría de Goberno do devandito Estado.

Foi electo tres veces como Presidente da Cámara de Deputados (en 1997, en 1999 e en 2009), e no 2001 é designado como presidente do Partido do Movimento Democrático Brasileiro. En 2009, tras un acordo co Partido dos Traballadores, é elixido como candidato a Vicepresidente, para conformar unha candidatura con Dilma Rousseff a disputar nas eleccións de 2010, onde finalmente resulta electo, tras unha segunda volta, o 31 de outubro, tamando finalmente posesión do cargo o 1 de xaneiro de 2011.

Debido á crise política e económica, que resultaron no impeachment de presidente Dilma Rousseff, Michel asumiu a presidencia en 31 de agosto de 2016. Nunha entrevista para a Lebanese Broadcasting Corporation, Temer mencionou que a orixe da súa familia é da cidade de Tabourah en Distrito de Koura, que á súa vez é unha veciñanza da cidade de Trípoli, Líbano.