Michal IV Rahoza[1] (en belaruso: Міхал Рагоза; en ucraíno: Михайло Рогоза, "Mykhailo Rohoza") ou Miguel IV Rahoza, nado c. 1540 e finado en 1599, foi o metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus entre 1588 e 1599. En 1595 asinou a Unión de Brest, coa que a igrexa rutena abandonou a xurisdición do patriarcado ecuménico de Constantinopla para unirse á Igrexa católica, aceptando a autoridade do papa e formando o que hoxe é a Igrexa católica bizantina ucraína.

Infotaula de personaMichal Rahoza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1540 Editar o valor em Wikidata
Minsk Editar o valor em Wikidata
Morte1599 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Navahrudak Editar o valor em Wikidata
Metropolitano de Kíiv
1596 – 1599 – Ipatii Potii →
Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rutenia
1 de agosto de 1589 – 1596
← Onezyfor DziewoczkaHiob →
Arcebispo metropolitano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Polonia
República das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica, Cristianismo ortodoxo e Metrópole de Kíiv, Galicia e toda Rusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXeremías II de Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Rahoza Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu arredor de 1540 nunha familia nobre belarusa da rexión de Volinia. Estudou probablemente cos xesuítas en Vilnius, onde traballou para o príncipe Bohush Koretskyi. Posteriormente entrou no mosteiro basiliano da Ascensión de Minsk, do que se converteu en arquimandrita en 1579.[2][3]

En 1589 o patriarca de Constantinopla Xeremías II visitou a Confederación Polaco-Lituana e, de mutuo acordo co rei Sexismundo III, cesou ao metropolita Onesifir Devochka, probablemente por ter incorrido en digamia[4] e tolerar este costume.[5] Sexismundo, seguindo os consellos dos nobres locais, nomeou a Rahoza metropolita, quen foi consagrado bispo por Xeremías II en agosto de 1589 en Vilnius.[2][3][6][7]

Como metropolita, comezou a reforma da Igrexa, principalmente a través de sínodos como o convocado en 1590. Os seus obxectivos foron a reforma dos costumes do clero e a redución das intromisións dos laicos na vida da Igrexa e nos mosteiros. Os seus intentos de reforma tiveron especial oposición dos mosteiros stavropegi, e a imposibilidade de levar a cabo as reformas foi unha das razóns que o levaron a orientarse cara a Roma.[8]

Na década de 1590, o metropolita Rahoza suscribíu co resto de bispos un documento solicitando a unión coa Igrexa católica, condicionando dita unión á preservación do rito bizantino, das prácticas litúrxicas, e do dereito canónico propio.[3] Isto se formalizou nun documento do 2 de decembro de 1594 e en dúas peticións máis, unha ao rei e outra ao papa Clemente VIII, asinadas en Brest o 12 de xuño de 1595. A unión de Brest foi proclamada formalmente o 8 de outubro de 1596.[2][3]

Rahoza finou entre xuño e agosto de 1599. Foi sucedido polo bispo de Volodymyr e Brest, Ipatii Potii, un firme partidario da unión.[3] Non todos os afectados aceptaron a unión, e 20 anos máis tarde, en 1620, o patriarca de Xerusalén Teófanes III restableceu a metrópole ortodoxa de Kíiv baixo a súa xurisdición, e nomeando como primeiro metropolita a Yov Boretskyi.

Notas editar

  1. Tamén Rohoza.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ivan Katchanovski, Zenon E. Kohut, Bohdan Y. Nebesio, Myroslav Yurkevich (2013). Scarecrow Press, ed. Historical Dictionary of Ukraine. pp. 490–491. ISBN 9780810878471. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. p. 248. OCLC 22834909. 
  4. A digamia (tamén chamada deuterogamia) refírese ao feito de ter contraído máis dun matrimonio de xeito sucesivo, logo dun divorcio ou de quedar viúvo. Diferénciase da bigamia, que consiste en ter dous matrimonios simultáneos.
  5. Magocsi, Paul (1996). University of Toronto Press, ed. A history of Ukraine. p. 164. ISBN 9780802078209. 
  6. University of Toronto Press, ed. (1993). "Rahoza, Mykhajlo". Encyclopedia of Ukraine 4. p. 308. ISBN 9780802030092. 
  7. Morini, Enrico (2007). Paoline, ed. Chiese e culture nell'Est europeo: prospettive di dialogo. Milán. pp. 150–152. ISBN 9788831533287. 
  8. Kempa, Tadeusz (2002). "Metropolita Michał Rahoza a unia brzeska". Klio. Czasopismo poświęcone dziejom Polski i powszechnym (2): 56–62. ISSN 1643-8191. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar


Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
Onysyfir Divochka
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1589 - 1596
Sucesor:
Yov Boretskyi
(Restauración da sé ortodoxa en 1620)
Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(Unión de Brest)
 Metropolita de Kíiv, Galicia e toda a Rus 
1596 - 1599
Sucesor:
Ipatii Potii