Metrodoro de Lámpsaco

Metrodoro de Lámpsaco (en grego Μητρόδωρος, en latín Metrodorus), foi un filósofo grego, contemporáneo e amigo de Anaxágoras. Naceu en Lámpsaco.

Modelo:BiografíaMetrodoro de Lámpsaco
Biografía
Nacementoc. 500 a. C. Editar o valor en Wikidata
Morte464 a. C. Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoGrecia clásica Editar o valor en Wikidata
MovementoEpicureísmo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAnaxágoras de Clazomenas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEdición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Escribiu sobre Homero, establecendo que as súas historias eran unha alegoría para representar poderes físicos e fenómenos[1]. Platón fálanos del brevemente no diálogo Ión, tanto sobre el como de Estesímbroto e Glaucón, indicando que os tres estaban relacionados coas interpretacións alegóricas que fixeron de Homero. Metrodoro equipara a Helena, a figura central dos poemas homéricos, nos brazos do seu captor, coa Terra, centro do Universo, intimamente abrazada polo aire. O Éter identifícase con Agamenón, e Aquiles e Heitor con Helios e Selene. A súa orixinalidade radica en que deu un significado cósmico aos heroes, e non aos deuses, e substituíu os axentes sobrenaturais da mitoloxía por causas naturais. Seguindo a escola de Anaxágoras, tamén asimilou diferentes deuses menores ás vísceras corporais, pero este tema só se coñece fragmentariamente. Metrodoro morreu no -464.

  1. Smith, William (ed.) (1846). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II. Londres: Taylor and Walton. p. 1070.