CB Santa Coloma
O Club Bàsquet Santa Coloma é un club de baloncesto profesional español con sede en Santa Coloma de Gramenet, Cataluña. Actualmente compite na Copa Catalunya, quinta categoría do baloncesto español. Fundado en 1984, comezou a súa historia competindo na Liga ACB ao perder o Círcol Catòlic de Badalona o patrocinio de Cotonificio. Durante as tres temporadas que competiu en ACB, utilizou o nome Licor 43.
Santa Coloma | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Primeira autonómica |
Fundación | 1983 |
Cores | Branco, vermello |
Presidente | Jordi Vallès |
Localización | |
Cidade | Santa Coloma, España |
Pavillón | Joan del Moral |
Capacidade | 350 |
cbsantacoloma.com |
Historia
editarO actual Club Bàsquet Santa Coloma naceu en 1984, cando o equipo profesional do Círcol Catòlic de Badalona, con máis de 50 anos de historia, perde o patrocinio de Cotonificio, obrigando a falta de liquidez económica a renunciar a disputar a Liga ACB. O Círcol cedeu a licenza federativa ao CB Santa Coloma que, co patrocinio do empresa Licor 43, ocupou a súa praza competindo tres temporadas.[1] Na súa segunda temporada, o equipo clasifícase cuarto na Liga ACB e participa o ano seguinte á Copa Korać. Con todo, a perda de patrocinador fai que o equipo se desvincule do baloncesto de elite en 1986. O equipo profesional integrouse á sección de baloncesto da UDA Gramenet e o CB Santa Coloma continuou a súa tarefa dentro do baloncesto, desde as categorías inferiores e o baloncesto de formación. Actualmente, o primeiro equipo do club compite no Campionato de España de Primeira División - Copa Cataluña.
Patrocinio
editarDurante as súas tres temporadas en ACB, por motivos de patrocinio, o club recibiu o nome de:
- Licor 43 (1983−1986)
Xogadores
editarDestacados
editarHistorial
editarO seguinte é o historial do club na súa etapa na Liga ACB:
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1983–84 | 1 | Liga ACB | 8º | 21–13 | ||||||
1984–85 | 1 | Liga ACB | 4º | 18–14 | 3 Copa Korać | FG | 6–4 | |||
1985–86 | 1 | Liga ACB | 8º | 10–21 |
Notas
editar- ↑ Vialegre (7 de marzo de 2011). "La noche en que nació un estilo" [A noite na que naceu un estilo]. flagrants.wordpress.com (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web oficial do Santa Coloma Arquivado 09 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
- Perfil do Santa Coloma en basquetcatala.cat