Abrir o menú principal

Metrópole ortodoxa grega de Chicago

A Metrópole de Chicago é unha xurisdición ortodoxa nos Estados Unidos, parte da arquidiocese ortodoxa grega de América e baixo xurisdición do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. A súa igrexa nai é a Catedral da Anunciación, en Chicago. O seu metropolita actual é o bispo Iakovos Garmatis, que tomou posesión da sé o 1 de maio de 1979, logo da súa elección polo Santo Sínodo do Patriarcado Ecuménico.

Metrópole de Chicago
The Assumption Greek Orthodox Church.jpg
Datos xerais
LocalizaciónEstados Unidos
TerritoriosIllinois, Wisconsin, Iowa, norte de Indiana e leste de Missouri
Sufragánea deArquidiocese de América
Información
IgrexaIgrexa Ortodoxa de Constantinopla
RitosRito bizantino
Xerarquía
PatriarcaBartolomeu I
MetropolitaIakovos de Chicago

HistoriaEditar

A orixe da Metrópole está na organización das parroquias do Patriarcado nas Américas, a a comezos do século XX. A arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur foi estabelecida en 1921. O primeiro bispo de Chicago, Philaret Ioannides, foi nomeado en 1923.

En 1996 a arquidiocese foi dividida en 4 arquidioceses separadas, e a Diocese de Chicago pasou a pertencer á arquidiocese ortodoxa grega de América, cambiando o seu nome polo de "Metrópole".

EpiscopoloxioEditar

Véxase taménEditar