Abrir o menú principal

Metanofurano

composto químico
Esrutura dos metanofuranos.

Os metanofuranos son unha familia de compostos químicos que se encontran nas arqueas metanóxenas, nas que funcionan como coencimas.[1] Estes microorganismos teñen un 2-aminometilfurano enlazado a un grupo fenoxi. Nestas moléculas recoñécense polo menos tres grupos R diferentes: R = tricarboxiheptanoíl (metanofurano), glutamil-glutamil (metanofurano b), tricarboxi-2-hidroxiheptanoíl (metanofurano c, ver imaxe).

Formilación do metanofuranoEditar

O metanofurano convértese en formilmetanofurano nunha etapa inicial da metanoxénese. O encima formilmetanofurano deshidroxenase (EC 1.2.99.5) formila o metanofurano utilizando CO2, a fonte dun carbono (C1) primaria na metanoxénese.[2]

Desformilación do metanofuranoEditar

O encima formilmetanofurano:tetrahidrometanopterina formiltransferase cataliza a transferencia dun grupo formilo desde o formilmetanofurano ao N5 da tetrahidrometanopterina, H4MPT. Este encima foi cristalizado e non contén ningún grupo prostético.[3]

NotasEditar