Unha metacomunidade ecolóxica é o conxunto de comunidades que están ligadas pola dispersión de múltiples especies e que pontencialmente poden interactuar entre si.[1][2][3] O termo deriva do campo da ecoloxía de comunidades, que principalmente se ocupa de estudar os patróns de distribución das especies, a súa abundancia e as interaccións entre estas.

Hai catro marcos teóricos, ou modelos unificantes, que detallan procesos mecanísticos específicos prácticos para a predición de patróns de comunidades. Eses catro son os marcos da dinámica por parcelas, a ordenación de especies, a dinámica fonte-sumidoiro (ou efecto de masas) e o modelo neutral. O modelo de dinámica de parcelas describe a composición de especies en múltiples sitios, parcelas idénticas, como as illas, e enfatiza a capacidade de balance da colonización-competición. O modelo de ordenación de especies describe a variación en abundancia e composición dentro da metacomunidade que é por mor da respostas únicas dunha especie á heteroxeneidade ambiental, como que certa condición local poida favorecer a certas especies e non a outras. Este modelo representa as teorías clásicas da era centrada en nichos de G. Evelyn Hutchinson e Robert MacArthur. Os modelos de fontesumidoiro describen o marco no que a dispersión e a heteroxeneidade ambiental interactúan para determinar a abundancia e a composición rexional. Este marco é un derivado do termo ecolóxico de metapoboacións que describe a dinámica de fonte sumidoiro a niveis de poboacións. Finalmente, a perspectiva neutral describe un marco onde a abundancia de especies é esencialmente equivalente na súa competitividade e capacidade de dispersión, e a composición local e rexional e abundancia están determinados principalmente polos procesos demográficos estocásticos e a limitación de dispersión. O modelo neutral popularizouno recentemente Stephen P. Hubbell co traballo da teoría neutral unificada da biodiversidade e a bioxeografía.

Notas editar

  1. Gilpin, M.E. and I.A. Hanski (1991). Metapopulation dynamics: Empirical and Theoretical Investigations. Academic Press, London.
  2. Wilson, D.S. (1992). Complex interactions in metacommunities, with implications for biodiversity and higher levels of selection. Ecology, 73: 1984-2000.
  3. Leibold, M.A., M. Holyoak, N. Moquet and others (2004). The metacommunity concept: a framework for multi-scale community ecology. Ecology Letters, 7: 601-613.