Mess é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Liars, publicado o 24 de marzo de 2014 a través do selo Mute Records.[1][2] Nunha nota de presa, o cantante Angus Andrew dixo que o proceso de gravación fora "case o contrario" da creación do seu anterior traballo WIXIW e que "en vez de ser dubidoso, o traballo no novo álbum foi inmediato, divertido, instintivo e seguro".[3][4] O disco gravouse principalmente no propio estudio da banda, No Gold Studios, nos Ánxeles.[5]

Mess
Álbum de Liars
Publicado24 de marzo de 2014
Estudio(s)No Gold Studios
Duración55:11
Xénero(s)dance alternativo, dance-punk, electrónica
Selo(s)Mute Records
Producido porAngus Andrew
Cronoloxía
WIXIW Mess TFCF

O primeiro sinxelo do álbum, "Mess On A Mission", foi editado o 17 de marzo, acompañado de remesturas de Silent Servant, SFV Acid, Black Bananas (Jennifer Herrema) e Nest Of Teens.[1] Mess é o derradeiro álbum de estudio de Liars en contar cos membros Julian Gross e Aaron Hemphill, que deixaron o grupo en 2014 e 2017 respectivamente.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Aaron Hemphill e Angus Andrew. 

N.º Título Duración
1. "Mask Maker"   4:07
2. "Vox Tuned D.E.D."   4:31
3. "I'm No Gold"   6:10
4. "Pro Anti Anti"   4:16
5. "Can't Hear Well"   3:26
6. "Mess on a Mission"   4:05
7. "Darkslide"   3:51
8. "Boyzone"   4:41
9. "Dress Walker"   4:01
10. "Perpetual Village"   8:57
11. "Left Speaker Blown"   6:59

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Release first single from new album, ‘Mess On A Mission’ – out 17 March". Mute Records. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  2. "Liars Announce New Album, Mess, Share "Mess on a Mission"". Pitchfork. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  3. "Watch: Liars Preview New Album, Due in March". Pitchfork. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  4. "Liars Return with new album – out in March 2014". Mute Records. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  5. "Loud and Quiet feature". Loud and Quiet. Archived from the original on 16 de marzo de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2018.