O mesado[1] é un complemento liso que se coloca enriba dos mobles das cociñas e os baños.

Cociña con mesado de mármore.

Características editar

Adoitan ser soportes ríxidos ao deber soportar as altas temperaturas que adquiren os utensilios de cociña tras a cocción dos alimentos. Tamén teñen que soportar eventuais golpes, rascaduras e cortes e, por último, resistir os elevados pesos de potas, olas e outros recipientes. Ademais, deben ser duradeiros, resistentes á auga e á graxa. O mesado actúa na cociña como mesa de traballo na que se preparan os alimentos e prepáranse os pratos e cubertos iñantes de levalos á mesa.

No lavabo, serve para apoiar os obxectos necesarios para o aseo como o xabón de mans e outros artigos de toucador. Os materiais máis habituais dos que está feito son o mármore, o granito, o cristal ou a resina.

Materiais editar

Entre os materiais máis habituais dos mesados atópanse:

  • Pedra. Son moi duros e resistentes, en especial os de granito, e a diferenza do resto de materiais, permiten tanto o corte directo sobre a súa superficie como os obxectos moi quentes. Os mesados de mármore non son tan duros e ráianse con máis facilidade, pero son máis decorativos.
  • Compostos macizos. Divídense en dous grandes grupos:
    • Composites de cuarzo. Estes materiais son tamén moi duros e resistentes, coa vantaxe de presentar unha superficie máis homoxénea e con maior variedade de cores, aínda que as súas características fluctúan segundo as distintas patentes.
    • Composites acrílicos, como o corian. Presentan a vantaxe de ser moldeábeis e carecen de xuntas visíbeis, pero son máis fáciles de raiar (dureza equivalente á madeira) e son sensíbeis a obxectos moi quentes.
  • Madeira maciza. É moi apreciada, sobre todo, a de faia. Os mesados de madeira forman cociñas moi decorativas, con moitas posibilidades á hora de elixir o ton: cerdeira, nogueira, wengué, carballo, pradairo etc. Teñen o inconveniente da súa elevada porosidade, o seu perigo de rascaduras e pouca resistencia a produtos corrosivos.
  • Aceiro. É o tipo de mesado máis hixiénico, por iso utilízanse moito no sector da hostalaría. O principal inconveniente é que calquera salpicadura deixa bastante pegada e ráianse con moita facilidade. Distínguese ademais pola súa resistencia á calor e pola súa compatibilidade cos alimentos, non se destingue e é resistente aos ácidos.[2]
  • Mesados de formica: trátase de mesados a base de múltiples láminas de distintos materiais até obter un compacto liso, pódense imitar dende as madeiras máis nobres até os aluminios máis brillantes, pasando por mármores, pedras ou lousas.
  • Porcelánico. Este material é unha mestura de cerámicas compactas e cociñadas a altas temperaturas. O seu proceso de fabricación achégalle robustez e sobre todo unha porcentaxe de absorción case nula, dúas características claves na durabilidad das encimeras.
  • Laminado. Os mesados laminados están feitos de material sintético recuberto de plástico cunha suave superficie, que adoita ser moi fácil de limpar. Existen gran variedade de cores, e o seu mantemento é sinxelo. Un inconveniente é que non son demasiado resistentes ás gretas e poden xurdir problemas á hora de reparalos.

Os cantos dos mesados poden ser cadrados, é dicir cos seus extremos en ángulo recto ou arredondados. Tamén poden adoptar formas biseladas, en chaflán ou en forma de pico frauta arredondado.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mesado.
  2. Encimera de acero[Ligazón morta]. www.casadiez.es.