Mesa de cabeceira

Unha mesa de cabeceiro ou mesa de noite é unha pequena mesa que se coloca ao lado do cabeceiro da cama.

Mesa de cabeceiro cunha lámpada acesa.

Adoita ter caixóns, ou caixóns e andeis, nos que se colocan obxectos persoais, facilitándolle ás persoas deitadas na cama o acceso ás mesmas.

Sobre a mesa colócase usualmente unha lámpada pequena, co obxecto de permitir unha luz adecuada para poder ler, e un espertador, entre outros obxectos.

As mesas de noite antigas tiñan usualmente, debaixo do caixón, unha pequena lacena onde se gardaba o ouriñal.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar