Dinastía Merovinxia

(Redirección desde «Merovinxia»)

Dinastía merovinxia, familia de estirpe xermánica que gobernou a actual Francia e parte de Alemaña entre os séculos V e VIII. Eran descendentes de Meroveo, xefe militar franco, fundador da dinastía. Clodoveo I (466 ? - 511) foi o primeiro monarca da dinastía.

Faramundo considerado tradicionalmente como o primeiro monarca merovinxio

Á súa morte o reino franco foi dividido entre os seus fillos, segundo o costume dos merovinxios. Outro monarca destacado da dinastía foi Dagoberto I (?- 639) que logo de moitos anos de división territorial, volveu unir os reinos francos baixo o seu goberno. Despois de Dagoberto I, o poder dos merovinxios foise disgregando e a medida que pasou o tempo, os Mordomos de palacio acabaron por seren os verdadeiros dirixentes do reino franco. Os mordomos de palacio Carlos Martel, e o seu fillo Pipino o Breve (fundador da dinastía carolinxia), acabaron co poder dos monarcas merovinxios e Pipino destronou o último rei merovinxio, Khilderico III, para se proclamar rei dos francos. A dinastía merovinxia, foi substituída entón pola dinastía carolinxia.

Destacados monarcas merovinxios (anos de goberno)

editar

Arte merovinxia

editar

A dinastía Merovinxia foi desenvolvendo unha arte propia na actual Francia, unha arte prerrománica que se caracterizou polo uso da pedra e o ladrillo (en arquitectura) con construcións sinxelas. A arte característica deste período é a ourivaría. Tamén desenvolveron a pintura mural sobre frescos e as miniaturas. Consérvanse moi poucos vestixios e mostras da arte merovinxia.

Ascendencia divina

editar

En varios textos especulouse sobre a orixe dos merovinxios, aludindo que en realidade se trataría dunha suposta descendencia dunha suposta filla de Xesús Cristo e María Madalena.

Esta teoría, baseada só en lendas e tradicións medievais do sur da actual Francia, foi popularizada no bestseller "Sangue santo, Santo grial" escrito por Michael Baigent, Richard Leigh e Henry Lincoln e, sobre todo, pola novela bestseller de Dan Brown, O código Da Vinci. Tamén Umberto Eco fai uso da mesma n’O péndulo de Foucault, aínda que, como se menciona, son só novelas, textos de ficción.

A teoría postula que Xesús tivo descendencia con María Magdalena, tendo unha filla, e que esta migrou desde Xudea ao sur de Francia, desde onde se desenvolveu unha liñaxe cuxa estirpe chegou ao poder do reino franco cos Merovinxios.

Neste sentido, a nivel de estudos xenéticos, no ano 2006, o programa televisivo "Buscando a verdade" (Digging for the Truth) da canle The History Channel, realizou unha análise xenética de Aragunda, quinta esposa de Clotario I; co fin de probar ou descartar que a liñaxe descende de Xesús ou María Magdalena. O resultado da análise concluíu que a liñaxe correspondente á Dinastía Merovinxia era só de orixe europea, e non estaba relacionada xeneticamente con ningunha das poboacións do medio oriente; o cal descarta a veracidade da lenda francesa sobre a suposta descendencia de Xesús e María Magdalena.

Os historiadores indican que posibelmente naceu esta lenda para lograr atribuírlle divindade aos merovinxios, e que deste xeito estes puidesen gobernar sen obxeccións, xa que posuirían un dereito divino para iso.

Véxase tamén

editar