Merle Oberon

actriz británica

Estelle Merle O'Brien Thompson,[1][2] nada en Bombai (India Británica) o 19 de febreiro de 1911 e finada en Malibu (California) o 23 de novembro de 1979, foi unha actriz británica,[3] coñecida como Merle Oberon.

Infotaula de personaMerle Oberon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Bombai, India Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Malibú, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónLa Martiniere Calcutta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , actriz de cinema , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Wolders (1975–1979)
Lucien Ballard (en) Traducir (1945–1949)
Alexander Korda (1939–1945) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0643353 Allocine: 770 Rottentomatoes: celebrity/merle_oberon Allmovie: p53758 TCM: 143928 TV.com: people/merle-oberon
Discogs: 5081222 WikiTree: Thompson-60587 Find a Grave: 1574 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Oberon naceu na India. Merle recibiu o alcume de "Queenie" en honor da raíña María, que visitou a India co rei Xurxo V en .[4] Criouse como a filla de Arthur Terrence O'Brien Thompson, enxeñeiro británico de Darlington que traballa en Indian Railways[5] e a súa esposa, Charlotte Selby, eurasiática de Ceilán. A súa nai tiña tamén devanceiros maorís.[6] Porén, segundo o seu certificado de nacemento, a nai biolóxica de Merle era a filla de doce anos de Charlotte, Constance. A propia Charlotte dera a luz a Constance con catorce anos, por unha violación de Henry Alfred Selby, capataz angloirlandés dunha plantación de té.[6] Para evitar o escándalo, Charlotte criou a Merle como media irmá de Constance.[3][7]

En 1914, cando Merle tiña tres anos, Arthur Thompson uniuse ao Exército Briánico e posteriormente faleceu de pneumonía durante a batalla do Somme.[8] Merle e Charlotte tiveron unha vida de pobreza en pisos de Bombai druante algúns anos. Entón, en 1917, mudáronse a unha situación mellor en Calcuta.[9] Oberon recibiu unha bolsa para asistir a escola La Martiniere Calcutta para nenas, unha das mellores escolas privadas da cidade.[9] Alí, recibiu burlas constantes pola súa orixe mestiza, o que fixo que acabase por abandonar o colexio e recibir clases na casa.[10]

Oberon viaxou a Inglaterra por primeira vez en 1928, con dezasete anos. Comezou traballando nun club co nome artístico de Queenie O'Brien e apareceu nalgúns filmes menores. A súa carreira recibiu un forte pulo cando o director Alexander Korda se interesou por ela e deulle un pequeno aínda que destacado papel, co nome de Merle Oberon, como Ana Bolena en The Private Life of Henry VIII (1933), en que traballou xunto a Charles Laughton. En 1934 protagonizou The Scarlet Pimpernel xunto a Leslie Howard, que foi o seu amante durante un tempo.[11]

A carreira de Oberon beneficiouse do seu romance e posterior matrimonio co director Alexander Korda. En 1935 protagonizou The Dark Angel, que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. En 1937 foi escollida para encarnar a Mesalina no filme I, Claudius que ía dirixir o seu marido; porén, a actriz sufriu un accidente de tráfico que, unido a varios contratempos, obrigou a cancelar o proxecto.[12][13] Como secuelas do accidente quedáronlle cicatrices na cara, un defecto que puido rematar coa súa carreira, mais un hábil uso da maquillaxe e das luces axudoulle a encubrilo nos seus filmes posteriores.

En 1939 Oberon foi Cathy no filme Wuthering Heights xunto a Laurence Olivier. Foi unha actriz asidua en papeis históricos: en 1945 interpretou a George Sand en A Song to Remember e en 1954 a emperatriz Xosefina en Desirée ao lado de Marlon Brando.

A actriz divorciouse de Korda en 1945 e casou en tres ocasións máis. Faleceu dun accidente cerebrovascular aos 68 anos.

Vida persoal editar

A nai de Oberon, Charlotte Selby, realmente a súa avoa, faleceu en 1937. En 1949, Oberon encargou retratos de Charlotte a partir dunha fotografía antiga,[14] que Oberon colgou en todas as casas en que viviu ata a súa morte en 1979.[15]

Relacións e matrimonios editar

Oberon casou co director Alexander Korda en 1939. Aínda casada, tivo unha breve relación en 1941 con Richard Hillary, piloto da RAF que sufrira graves queimaduras durante a batalla de Inglaterra, que coñeceu mentres el realizaba unha xira de boa vontade nos Estados Unidos. Oberon mantivo unha relación intermitente co actor John Wayne entre 1938 e 1947.

Oberon converteuse en Lady Korda cando o seu marido foi nomeado cabaleiro por Xurxo VI en 1942 polos seus esforzos durante a guerra. Divorciouse del en 1945 para casa co director de fotografía Lucien Ballard. Ballard deseñou unha luz de cámara especial para ela que eliminase as súas cicatrices faciais que lle causaron o accidente de 1937. A luz pasou a ser coñecida como "Obie".[16] Ela e Ballard divorciáronse en 1949.

O seguinte matrimonio de Oberon foi co industrial Bruno Pagliai en 1957, adoptou dous fillos con el e viviron en Cuernavaca (México). En 1973, Oberon coñeceuo actor neerlandés de 36 anos Robert Wolders mentres filmaban Interval. Oberon divorciouse de Pagliai e casou con Wolders en 1975.

Disputa sobre o lugar de nacemento editar

Para evitar os prexuízos pola súa orixe mestiza, Oberon creou unha tapadeira, dicindo que nacera e crecera en Tasmania e que os seus rexistros de nacemento foran destruídos nun incendio. A historia real desvelouse finalmente trala súa morte.[17] Sábese que Oberon só estivo dúas veces en Australia.[18] A súa primeira visita foi en 1965, nunha campaña promocional. Aínda que estaba prevista unha visita a Hobart, despois de que os xornalistas a presionaran para que dese detalles da súa vida, púxose enferma e ao pouco tempo volveu a México.[18]

En 1978, o ano anterior á súa morte, aceptou visitar Hobart por unha recepción do Lord Mayoral. O Lord Mayor de Hobart foi informado antes da recepción de que non había probas de que Oberon nacese en Tasmania, mais, para salvar a súa imaxe, seguiu adiante co acto. Porén, pouco despois de chegar á recepción, Oberon, negou que nacese en Tasmania. Entón excusouse, afirmando que estaba enferma e que non podía contestar a máis preguntas sobre o seu pasado. De camiño á recepción contáralle ao seu chofer que de nena estaba nun barco co seu pai, este enfermou cando pasaban por Hobart e desembarcaron para que fose tratado, o que sería o motivo de que pasara algúns anos na illa. Durante a súa estadía en Hobart, pasou todo o tempo no hotel, non deu máis entrevistas e non visitou o teatro bautizado co seu nome.[18]

Filmography editar

Features editar

Notas editar

  1. Higham and Moseley 1983, p. 24.
  2. "£5,000 Damages for Merle Oberon." Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. The Glasgow Herald, 5 de maio de 1938. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
  3. 3,0 3,1 "Merle Oberon: Hollywood's Face of Mystery". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 4 de maio de 2009. 
  4. Higham and Moseley 1983, p. 25.
  5. Higham and Moseley 1983, p. 21.
  6. 6,0 6,1 Higham and Moseley 1983, 18.
  7. "ABC TV documentary: The Trouble With Merle" Arquivado 30 de outubro de 2005 en Wayback Machine., Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 19 de setembro de 2014.
  8. Higham and 1983, pp. 25–26.
  9. 9,0 9,1 Higham and Moseley 1983, p. 28.
  10. Higham and Moseley 1983, p. 30.
  11. Higham and Mosley 1983, P. 94.
  12. "Star's injuries halt production of film." Arquivado 9 de maio de 2016 en Wayback Machine. The Tuscaloosa News|, 25 de marzo de 1937. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
  13. Graham, Sheilah. "Hollywood gadabout." Arquivado 18 de maio de 2016 en Wayback Machine. Milwaukee Journal, 4 de abril de 1937. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
  14. Kahn, Salma. "Hollywood's first Indian actress: Merle Oberon." Arquivado 31 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. SAPNA Magazine, inverno de 2009. Contultado o 5 de xaneiro de 2016.
  15. Higham and Moseley 1983, p. 100.
  16. Higham and Moseley 1983, p. 161.
  17. Higham and Moseley 1983, p. 291.
  18. 18,0 18,1 18,2 Pybus 1998, p. 161.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bowden, Tim. The Devil in Tim: Penelope's Travels in Tasmania. Londres: Allen & Unwin, 2008. ISBN 978-1-74175-237-3.
  • Casey, Bob. Merle Oberon: Face of Mystery. Hobart, Tasmania, Australia: Masterpiece@IXL, 2008. ISBN 978-0-98054-822-8.
  • Higham, Charles e Roy Moseley. Princess Merle: The Romantic Life of Merle Oberon. Nova York: Coward-McCann Inc., 1983. ISBN 978-0-69811-231-5.
  • Korda, Michael. Another Life: A Memoir of Other People. Nova York: Random House, 1999. ISBN 0-67945-659-7.
  • Munn, Michael. David Niven: The Man Behind the Balloon. Londres: JR Books, 2010. ISBN 1-9-0677-967-8.
  • Pybus, Cassandra. Till Apples Grow on an Orange Tree. St Lucia, Australia: University of Queensland Press, 1998. {{ISBN|978-0-70222-98

Ligazóns externas editar