Meri Te Tai Mangakahia


Meri Te Tai Mangakahia, nada en Lower Waihou o 22 de maio de 1868 e finada en Panguru o 10 de outubro de 1920, foi unha militante a prol do sufraxio feminino en Nova Zelandia.

Infotaula de personaMeri Te Tai Mangakahia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1868 Editar o valor em Wikidata
Hokianga Harbour (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1920 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Panguru Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe de 1918 e Gripe Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres , suffragette , sufraxista Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHamiora Mangakahia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mangakahia naceu en Lower Waihou, preto de Panguru no val de Hokianga. Era a filla de Re Te Tai, un membro do "Te Rarawa iwi" e xefe moi influente. Foi educada no convento de St Mary, en Auckland.

Mangakahia foi a muller de Hamiora Mangakahia, quen, en 1892, foi elixido Ministro do Parlamento de Kotahitanga en Hawke's Bay. O ano seguinte, Meri Mangakahia abordou a asemblea (foi a primeira muller a facelo), presentando un movemento en favor do sufraxio feminino, e queda como, membro do Parlamento. Observou que as mulleres maorí eran propietarias de terras e que por iso non se lles debía impedir que tiveran representación política. Máis tarde uniuse ó comité de mulleres do movemento Kotahitanga, manténdose involucrada na política maorí e movementos sociais.

Segundo a familia, morreu por mor da gripe. Tiña 4 fillos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar